Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación para a ampliación do Camiño de Maceiras (Teis: acceso a Vulcano). (Expediente 145/413).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 18 de outubro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a declaración de utilidade pública e necesidade de ocupación dos concretos bens e dereitos afectados pola ampliación do camiño de Maceiras (Teis), entre a rúa Dr. Corgal e a prolongación da rúa Pedro Alvarado, de acordo co plano parcelario e lista elaborados pola oficina municipal de actuacións viarias en xullo de 2001, o último dos cales se reproduce no anexo deste acordo, cun orzamento total estimado de 5.382.000 pesetas, 32.346,7 euros (expediente 145/413).

Segundo.-Solicitar da Administración autonómica a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola expropiación, polos motivos sinalados na parte expositiva deste acordo.

Terceiro.-Somete-lo presente procedemento ó trámite de información pública polo prazo de vinte días hábiles, mediante publicación de anuncios no DOG, no BOP e nun dos diarios dos de maior circulación da provincia, con notificación individualizada ós afectados na forma legalmente prevista.

ANEXO

ParcelaPropietarioSuperficieElementos

B-1Silvino Fernández López18 m1 galpón: 18 m

B-2Siervas de la Pasión151 m1 galpón: 18 m

1 peche: 48 m

B-3Miguel Vázquez Brum280 m1 galpón: 32 m

1 peche: 75 m

B-4Antonio e Celia Lago229 m

B-5Concepción Collazo Martínez150 m

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do primeiro anuncio, ata transcorridos vinte días desde o día seguinte á publicación do derradeiro anuncio, para que presenten documentación ou alegacións que estimen pertinente. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información urbanística da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 29 de outubro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo