Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO para a contratación por poxa aberta da execución de obras de mellora de pavimento no concello de Vigo. (Expediente 14591/240).

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo, dependecia: Vías e Obras, nº expediente 14591/240).

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras dos proxectos de mellora de pavimento de camiños do concello de Vigo.

Lotes: si, dous.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: un mes para cada un dos lotes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: urxente.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: lote 1: 6.480.000 pesetas (38.945,50 euros) e lote 2: 9.075.000 pesetas (54.541,85 euros).

5. Garantías: provisionais: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: Rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 19 de novembro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde