Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de outubro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, resolución do expediente de desafiuzamento por non ocupación, derivado de regularización (expediente 4/2001).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo sinalado no anexo, a resolución de pleno dereito do contrato da vivenda que lle foi adxudicada por non destinala a domicilio habitual e permanente, rematando así os expedientes de desafiuzamento ó

amparo do disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.6º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Pública e Vivenda no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 30 de outubro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

-Nº de expediente de desafiuzamento: 4/01.

Expedientado: Manuel Caínzos Pita e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Sta. Mariña, rúa da Pereira, 2-1º esq. (Ferrol).

(Expte. C-586, conta 87).