Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 18 de outubro de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 373 de clasificación do monte Tras das Penas, pertencente ós lugares de Cabo da Aldea, Espiñeira, Casacamiño e Foxo, parroquia de Cambás (concello de Aranga).

Perante este xurado provincial de montes veciñais en man común, tramítase o expediente 373, de cua

lificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Tras das Penas.

Comunidade: Cabo da Aldea, Espiñeira, Casacamiño e Foxo.

Parroquias: Cambás.

Concello: Aranga.

Superficie: 9,11 ha.

Lindeiros:

Lindeiros: norte: veciños de Cambás. Sur: veciños de Cambás. Leste: veciños de Cambás. Oeste: monte Raño, da parroquia de Veríns, concello de Irixoa.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 18 de outubro 2001, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 18 de outubro de 2001.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común da Coruña