Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.322

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Coriscada II. (Expediente 15/1998).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Gamesa Energía, S.A. con enderezo para efectos de notificacións na avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15075 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización de instalacións do parque eólico denominado Coriscada II, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 12 de xuño de 2000, Luis Caamaño Martínez, en nome e representación de Gamesa Energía, S.A., solicitou a autorización administrativa e aprobación de proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Coriscada II, de 18,48 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto, na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía

eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, de 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O estudio de efectos ambientais correspondente ás instalacións electromecánicas do parque eólico someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 327/1991, do 4 de outubro,

de avaliación de efectos ambientais para Galicia e Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, por Resolución do 28 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña.

Terceiro.-Por Resolución do 4 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, formúlase a declaración de efectos ambientais do proxecto do parque eólico Coriscada II.

Cuarto.-O proxecto do parque eólico Coriscada II someteuse a información pública para os efectos previstos nos artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; Decreto 2169/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas; Decreto 2617/1966, xa mencionado; ambos de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante acordo da Delegación Provincial de Industria da Coruña do 14 de agosto de 2001, publicado no DOG do 24 de agosto de 2001, no BOP da Coruña do 29 de agosto de 2001, o diario La Voz de Galicia do 31 de

agosto de 2001, e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Mañón e Ortigueira.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Amparo Pérez García solicita que se teña en conta na valoración da afección que no seu predio hai unha plantación de eucalipto. Así mesmo, solicita que, dado que as instalacións deixarán unha parte do predio sen saída, se lle permita o acceso a través do parque.

2. Adolfo García Lamelas manifesta que na propiedade do predio 56 se ten que incluí-los herdeiros de Emiliano Rey Oca, os que el representa.

3. Jaime Bouza López alega:

-A empresa debe presentar un parcelario referido ó novo catastro de rústica. Así mesmo, débese acredita-la superficie dos predios.

-Existen erros na titularidade dos predios.

-No estudio ambiental non preveron as alteracións nos sinais radioeléctricos.

-O proxecto exposto no concello carece de: estudio de seguridade e saúde; plano 1/1.000 con identificación dos estremeiros, accesos e liñas eléctricas; plano 1/10.000 no que se identifiquen as edificacións existentes; plano de localización 1/5.000.

-Non consta a autorización establecida no artigo 77 da Lei do solo de Galicia.

Quinto.-O 12 de novembro de 2001, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipiosVértices

Coriscada IIMañónXY

Ortigueira600.5004.834.000

601.0004.834.000

601.0004.832.500

601.7504.832.750

602.0004.832.500

601.0004.832.000

600.5004.832.000

600.5004.831.500

600.0004.831.500

598.5004.833.500

599.2504.833.500

600.0004.833.000

Nº de aeroxeradores: 28.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: G47-660 de Gamesa Eólica.

Potencia total instalada: 18,48 MW.

Producción anual estimada: 51.884 MWh.

Investimento previsto: 2.313.003.280 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-28 centros de transformación de 775 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, instalados no interior da torre cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Rede eléctrica subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z.1 15/25 kV Al 3x1x(1x300 mm), de interconexión entre centros de recollida de media tensión e subestación transformadora 20/132 kV.

-Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía, composta por un transformador

principal 20/132 kV de 25 MVA de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 20/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionadores, manobra, medida e protección.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toma en consideración a alegación de Amparo Pérez García no referente á valoración da parcela, por non ser obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

A parte do predio que queda encravada como consecuencia da expropiación, sen ter saída a camiño público, gozará da servidume legal de paso a que se refiren os artigos 564 e ss. do Código Civil.

2. En relación coa alegación presentada por Adolfo García Lamelas, a empresa tomará razón dela; non obstante, será no levantamento de actas o momento no que pode demostra-la titularidade do predio, achegando a documentación acreditativa necesaria, cando se proceda á declaración de utilidade pública da citada instalación.

3. En canto á alegación presentada por Jaime Bouza López, cabe dicir que:

-Non se poden acepta-las alegacións referentes ó parcelario, por seren relativas á utilidade pública; serán tidas en conta cando se proceda á súa declaración; non obstante, cabe dicir que a descrición dos bens e dereitos afectados, así como a identificación dos seus propietarios, é suficiente, está actualizada e cumpre co requirido no Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

-Será o levantamento de actas o momento no que pode demostra-la titularidade dos predios, achegando a documentación acreditativa necesaria.

-Na declaración de efectos ambientais (DEA) do proxecto establécense as medidas protectoras e correctoras necesarias para a preservación do medio.

Así mesmo, establécese que se tralo inicio do proxecto se detectasen impactos ambientais non previstos, se tomarán as medidas oportunas para a súa corrección.

-A documentación, estudios e planos do proxecto do parque eólico axústanse ó disposto na lexislación vixente.

-De acordo co disposto no artigo 11.4º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, non é necesaria a autorización urbanística autonómica a que fai referencia o artigo 77.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966 e o artigo 13 do Decreto 205/1995,

RESOLVE:

Autorizarlle a Gamesa Energía, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Coriscada II, que se situará nos concellos de Mañón e Ortigueira.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

-Recoñecerlle a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Gamesa Energía, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes, contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 46.260.066 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dicha fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 2.313.003.286 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Pro

vincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Gamesa Energía, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 4 de maio de 2001, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por cualquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria