Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. en Sevane e Casares, no concello de Becerreá e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 30/1998 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, as que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Unión Fenosa, S.A.

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade do servicio nas zonas de influencia.

Características técnicas principais:

1. Liña aérea de media tensión núa ó C.T. de Sevane, cunha tensión nominal de 20 kV, con orixe na derivación ó C.T. de Cortella e remate no C.T. de Sevane, cunha lonxitude de 1,830 km conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 13 apoios de HVHVH.

2. Liña de media tensión aérea núa ó C.T. de Casares, cunha tensión nominal de 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Sevane e remate no C.T. de Casares, cunha lonxitude de 0,606 km conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 5 apoios H.V.-H.V.H.

3. Centro de transformación intemperie de Sevane localizado en Sevane, cunha potencia de 50 KVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

4. Centro de transformación intemperie de Casares, localizado en Casares, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Liña de baixa tensión aérea en Sevane, con orixe no C.T. de Sevane, cunha lonxitude de 0,65 km e 13 apoios H.V.

5.1. Liña baixa tensión soterrada á igresa de Sevane con orixe no apoio nº 7 e unha lonxitude de 0,015 km.

6. Liña de baixa tensión aérea en Casares, con orixe no C.T. de Casares, cunha lonxitude de 0,53 km con 9 apoios H.V.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei,

levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto e os seus anexos de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo Ronda da Muralla 70 Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días.

Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que se farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 24 de outubro de 2001.

Jesús Bandaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 30/1998. Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. en Sevane e Casares.Termo municipal: Becerreá.

L.M.T. a C.T. Sevane

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Monte BuisánMonte baixoRpta. Pedáneo, Manuel Méndez

Monte dos veciños

de Buisán

Buisán, s/n

27677 Becerreá, Lugo

1223332

2NavalPradoEliseo Rodríguez DeirosCortella-Quintá s/n

27677 Becerreá, Lugo

2114

3RegoMonte altoAntonio Gómez LópezBuisán-Quintá s/n

27677 Becerreá

51795

6RegoPradoRpta. Manuel Méndez

Constantina Gómez Ramos

Buisán s/n

27667 Becerreá

31640

7RegoPradoRaúl Losada DeirosBuisán-Quintá, s/n

27667 Becerreá

641.237

8Tralo CastroPradoEliseo Rodríguez DeirosCortella-Quintá, s/n

27677 Becerreá

221603.102

11Monte BuisánMonte baixoRpta. Pedaneo, Manuel Méndez

Monte dos veciños

de Buisán

Buisán, s/n

27677 Becerreá

3251913

12RebordelaMonte altoVicente Deiras Núñez (2/4),

Manuel López Pardo (1/4)

e Manuel Becerra Neira (1/4)

Casares-Villaiz, s/n

27661 Becerreá

4 e 544628.898

16RebordelaMonte altoManuel Becerra NeiraCasares-Villaiz, s/n

27661 Becerreá

621221.656

17RebordelaMonte baixoManuel López Pardo

e outros

Casares-Villaiz, s/n

27661 Becerreá

7151948

18BRebordelaPradoManuel López Pardo

e outros

Casarres-Villaiz, s/n

27661 Becerreá

74

Expediente: 30/1998. Provincia: Lugo.

L.M.T.-C.T.-R.B.T. en Sevane e Casares.Termo municipal: Becerreá.

L.M.T. a C.T. Casares.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2RegoMonte altoManuel López Pardo

e outros

Casares-Villaiz, s/n

27661 Becerreá

0 e 121261.185

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4O ChaoMonte baixoManuel Becerra NeiraCasares-Villaiz, s/n

27661 Becerreá

2262745

6BTralo CastroMonte baixoHermitas Prieto GómezA Pena-Neira de Rei, s/n

27696 Becerreá

10112

7ATralo CastroMonte baixoAngelina Bermúdez LópezAvda. da Coruña, 452-1º

27003 Lugo

15204

8Tralo CastroMonte altoFrancisco Becerra NeiraCasares-Villaiz, s/n

27661 Becerreá

3133354

10Tralo CastroMonte altoAngelina Bermúdez LópezAvda. da Coruña, 452-1º

27003 Lugo

41931.620