Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: A Batundeira, 2, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Vilapequena, Moas.
Situación: Montederramo.
Características técnicas: liña aérea a 20 kV, de 1.131 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 61 da L.M.T. ó C.T. de Paredes e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Moas. Redes de baixa tensión derivadas do C.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 17 de outubro de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense