Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.318

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/142-2, 5715 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: paso a sub. L.M.T. 20 kV a C.T. bombeo paseo fluvial.

Situación: Chantada.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con lonxitude de 0,692 km con orixe no C.T. A Ponte, conductor tipo R.H.V. e final no apoio nº 4. R.B.T. aérea con lonxitude de 0,300 km con orixe en apoio nº 3 conductor tipo R.Z. R.B.T. subterránea con lonxitude de 0,170 km con orixe en apoio nº 6 conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo