Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 30 de novembro de 2001 Páx. 15.317

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/124-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., Ucosa.

Situación: r/ Ribeira Sacra-Ourense.

Características técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 45 m de lonxitude, derivada da L.M.T. subterránea ó C.T. predio Méndez-2 e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. Santa Cristina logo de subministrar ó centro de transformación do centro comercial Ucosa, con 3 trafos de 630 kVA máis de 1.000 kVA. Recuamento do C.T. existente circunvalación.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 17 de outubro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense