Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 9 de outubro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de pavimentación e dotación de servicios na rúa Calvo Sotelo-esquina Camiño Polvoreiro, promovido por Cartimar 99, S.L. e redactado polo enxeñeiro de Obras Públicas, Manuel Vázquez González.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da última publicación oficial, perante o cal os interesados poderán consulta-lo expediente e formular por escrito as alegacións que xulguen pertinentes.

Sarria, 5 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado