Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.271

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TUI

EDICTO da Alcaldía.

Aprobada polo Pleno do Concello de Tui a licitación en poxa pública do resto dos postos non adxudicados de forma restrinxida correspondentes á nova praza de abastos de Tui, por este edicto sométese o citado prego a exposición pública polo prazo de 8 días hábiles desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP.

Simultaneamente, ábrese o prazo para a presentación das correspondentes propostas á poxa aínda que esta, se fose oportuno, poderá quedar suspendida á vista das reclamacións ou alegacións presentadas no prazo indicado máis arriba.

O prazo será de 20 días hábiles, contados desde a publicación do último dos edictos no BOP e DOG, tendo que xuntarse a documentación referida no citado prego.

Tui, 19 de outubro de 2001.

Antonio F. Fernández Rocha

Alcalde