Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2001 pola que se anuncia o concurso para a realización das obras de aforro de enerxía nas instalacións de iluminación pública na zona rural.

Obxecto do contrato: é a realización das obras incluídas no proxecto de aforro de enerxía nas instalacións de iluminación pública na zona rural (Aríns, A Curuxeira, Sar-Angrois, Outeiro, Bando, O Eixo e Monte do Gozo).

Tipo de licitación: 19.844.149 pesetas (119.265,74 A) IVE incluído.

Prazo de execución: 4 meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Proposicións: os licitadores poderán presenta-las proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios). Tfno.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Nova, r/ Nova de Abaixo nº 12, local 4. Tfno. e fax: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 15.3º 3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa co concello (secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado