Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/31-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966, e nos artigos 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe e que foi obxecto de anterior información pública no BOP do 17 de marzo, DOG do 23 de marzo, BOE do 28 de marzo e no xornal Faro de Vigo do 7 de marzo de 2000, por presenta-la empresa eléctrica un proxecto de modificación do trazado da liña, como consecuencia da variante proposta por dúas comunidades de montes.

Solicitante: Unión Eléctrica Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: modificación da L.A.T. desde sub. Pazos de Borbén ata a L.A.T. Atios-Mos.

Situación: Pazos de Borbén, Redondela e Mos.

Descricións técnicas: L.A.T. a 220 kV, aérea, doble circuíto, de 8.676 m de lonxitude, con conductor tipo LA-455-Condor, sobre apoios metálicos, desde a subestación de Pazos de Borbén ata o van 42-43 da L.A.T. Atios-Mos. A instalación discorre polos concellos de Pazos de Borbén, Redondela e Mos.

Os bens ou dereitos que están afectados por esta modificación foron incluídos na relación publicada na información pública inicial.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no

prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, así mesmo, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Pontevedra, 14 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra