Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 18 de outubro de 2001, da Delegación da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/382).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subest. Sada-Mera e Santa Cruz.

Situación: Sada e Oleiros.

Características técnicas:

-Liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, de 1.780 m de lonxitude, coa orixe no apoio aerosubterráneo proxectado en apoio nº 0, conductor tipo LA-110, e final no apoio nº 13 proxectado en L.M.T. Santa Cruz-Mera (expediente 27402).

-Liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, de 1.782 m de lonxitude, coa orixe na subestación de Sada, conductor tipo R.H.V., e final no paso aerosubterráneo proxectado en apoio nº 0 do tramo aéreo. Nos termos municipais de Sada e Oleiros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades ques se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 18 de outubro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 382/2001. Provincia: A Coruña.

L.M.T. subest. Sada-Mera e Santa Cruz.Termo municipal: Oleiros.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

12O BosqueMonte altoDescoñecido19304

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

34/1Costa de MayancaMonte altoManuel Prieto Tojeiror/ Juan de la Cierva-9

Polígono A Grela-Bens

15008 A Coruña

1342.144

35Costa de MayancaMonte altoLuis Portela GarcíaEstrada de Montrove-90-4º dta. Perillo

1172 Oleiros-A Coruña

50800

66BroñoMonte baixoHrdos. Juan Galán GuitiánIgnoradoL.A.T.72

74BertueiroLabradíoDescoñecidoœ21660

75BertueiroLabradíoJosé A. Deus Nogueirar/ Enrique Dequit, 16-1º

15005 A Coruña

œ2112120

82BertueiroLabradíoRamón Otero OteroRúas das Viñas de Babilonia, 38 B

15179 Santa Cruz-Oleiros

A Coruña

œ1129290

83BertueiroMonte altoJacobo Rey Goldarr/ Matadero, 56

15002 A Coruña

œ1113130

85BertueiroLabradíoFrancisco Monasterio LópezAvda. Linares Rivas, 10

15005 A Coruña

L.A.T.138

86BertueiroLabradíoDescoñecido0270980