Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 29 de novembro de 2001 Páx. 15.256

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2001 pola que se dá publicidade do resultado da adxudicación que se cita.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704, Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 01-01-VILA

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: obras de construcción dun parque público no antigo recinto de Fexdega en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 105, do 31 de maio de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: douscentos dezasete millóns novecentas trinta e cinco mil novecentas corenta e dúas (217.935.942) pesetas (1.309.821,39 euros).

5. Adxudicación:

a) Data: 19 de xullo de 2001.

b) Contratista: Cosmalca, S.L. e Covinor 99, S.L. en UTE.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento noventa e oito millóns oitocentas sesenta e seis mil cincocentas corenta e sete (198.866.547) pesetas ( 1.195.212,02 euros).

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda