Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da alcaldía nº 5228/2001, do 10 de outubro, aprobouse o expediente de contratación por medio de poxa e procedemento aberto, para a venda de 6 parcelas sitas no ámbito do proxecto de compensación Toxeiras sobre o SUNP A-42-R en Montrove-Liáns, termo municipal de Oleiros (A Coruña).

As parcelas que se poxan son as seguintes, coas seguintes características comúns:

ParcelasSuperficieTipo licitaciónFianza

Nº 7

Nº 8

Nº12

Nº13

Nº14

Nº15

500 m

Edificabilidade: 208 m

11.440.000 ptas.

68.755,78 euros

228.800 ptas.

1.375,12 euros

Os gastos de urbanización que en cada caso se produzan, serán por conta do Concello de Oleiros.

Uso: vivenda unifamiliar.

O modelo de proposición e a documentación que hai que presentar é a que figura nos pregos de cláusulas administrativas que se poderán recoller na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, sito no primeiro andar, de 9 a 13 horas.

O prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio.

Oleiros, 11 de outubro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta