Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

Por resolución desta Alcaldía adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do parque empresarial de Ortigueira (Rega-Cuíña), redactado polo arquitecto Jacobo Rodríguez Losada-Allende, e cun orzamento de execución material de 387.335.905 pesetas, xa que cumpre os requisitos e consta dos documentos que son preceptivos a teor do artigo 31 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista, de conformidade co artigo 44.3º da Lei 1/1997, e que se realicen os demais trámites regulamentarios ata a súa aprobación definitiva, se é o caso.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ortigueira, 19 de novembro de 2001.

Antonio Campo Fernández

Alcalde