Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da alcaldía nº 4941/2001, do 24 de setembro, aprobouse o expediente e o prego de cláusulas administrativas particulares, por procedemento aberto que regula a venda, mediante poxa, da parcela nº 60 incluída no proxecto de compensación, polígono número 1 do SUNP B-25-R A Cova-Oleiros (A Coruña), coas seguintes características:

Superficie1.549,485 m

DescriciónParcela estremeira na súa fronte sur coa estrada Oleiros-Espírito Santo en liña de 65 m linda ó norte co vial interior denominado JKK e a parcela de equipamentos socioculturais ó sur coa estrada Oleiros-Espírito Santo, ó oeste coa estrada Oleiros-Espírito Santo e ó leste coas parcelas 57 e 59.

TítuloAdxudicada ó concello no proxecto de compensación do polígono número 1 do SUNP B-25-R A Cova, o cal foi elevado a público ante o notario de Oleiros Rafael Benzo Saínz, o día 22 de agosto do ano dous mil, número de protocolo 1.733 e, atópase inscrita no Rexistro da Propiedade nº 3 da Coruña, na Sección Oleiros, libro 517, folio 115, predio 36647, inscrición primeira.

UsoUso residencial plurifamiliar.

Edificablidade2.160,00 m

AlturaB+2

Nº de vivendas24 vivendas protexidas. VPO Réxime Xeral. (Decreto da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, nº 345/1998, do 20 de novembro, polo que se establecen axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan a xestión das previstas no Real decreto 1186/1998, do 12 de xuño, para o período 1998-2001 coas modificacións introducidas polo Decreto 85/2001, do 6 de abril, da dita consellería.

Tipo de licitación: 38.250.000 pesetas (máis 16% IVE).

Fianza. 765.000 pesetas.

Taxas: 10.600 pesetas.

Prazo: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación (BOP ou DOG), deste anuncio.

Os pregos de cláusulas poderanse recoller na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, de 9 a 13 horas.

Oleiros, 28 de setembro de 2001.

Alfredo Novoa Gil

Alcalde en funcións