Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite urxente, para a subministración de publicacións periódicas para a biblioteca do Complexo Hospitalario de Ourense (C.P. 13/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada por Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público:

Contratación de subministracións: publicacións periódicas para a biblioteca (2 lotes). Os licitadores poderán concorrer a un ou á totalidade dos lotes que se enumeran no prego de prescricións técnicas.

Orzamento: 36.376.423 pesetas (218.626,71 euros), IVE incluído.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite urxente e anticipado.

Prazo de execución: desde o 1-1-2002 ata o 31 -12-2003.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 18 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Prestacións e servicio de distribución, ata 60 puntos. 2) Prezo, ata 40 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: http://www.sergas.es.

Garantías: provisional: o importe indicado no punto 11 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares para o/s lote/s ó/s que se concorra. Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación do lote/s adxudicados.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do décimo día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos e SS. XX. do complexo hospitalario, ás 9 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do adxudicatario.

Ourense, 15 de novembro de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense