Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.217

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 23 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do recurso de alzada do expediente sancionador 36/14/01, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do recurso de alzada do expediente sancionador nº 36/14/01, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a citada resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, de acordo cos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dunmes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, perante o presidente do Instituto Galego de Consumo, entendéndose desestimado polo transcurso dun mes sen que se dicte e notifique a resolución do recurso, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición onde teña a mencionada entidade o seu domicilio social ou na sede do órgano autor do acto orixinario, á súa elección, de acordo co disposto no artigo 8.3º en relación co 14.1º segunda da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados

poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

O importe da sanción deberá ser ingresado na conta número 3110001136, da Caixa Galicia (2091), Oficina de relacións cos organismos (0388), nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco ou o inmediato hábil posterior, do mes seguinte.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte ou o inmediato hábil posterior do mes seguinte.

De non efectua-lo pagamento dese prazo, procederase, sen mais trámite, á súa exacción pola vía executiva.

Expediente: 36/14/01.

Inculpado: Txejo Ropa, S.L.

Enderezo: r/ Castelao, 5 (Pontevedra).

Motivos: irregularidades en materia de rebaixas e follas de reclamacións á disposición dos consumidores e usuarios.

Sanción: 75.000 pesetas.

Data da resolución do recurso: 28-9-2001

Pontevedra, 23 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra