Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.216

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2001 pola que se convoca a contratación, mediante concurso en procedemento aberto, do servicio de xardinería, mantemento e limpeza da zona verde da Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

2. Obxecto do contrato: servicio de xardinería, mantemento e limpeza da zona verde da AGS.

a) Lugar de execución: A Estrada (Pontevedra).

b) Prazo de execución do contrato: un (1) ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: tres millóns seiscentas mil (3.600.000) pesetas (21.636,44 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: 72.000 pesetas (432,73 euros).

b) Definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

d) Teléfono: 986 59 00 21.

e) Fax: 986 59 09 88.

f) Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=854.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: no prazo de quince (15) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares, no rexistro da AGS das 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do vixente Regulamento xeral de contratación do Estado.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Academia Galega de Seguridade.

b) Enderezo: avda. da Cultura, s/n.

c) Localidade: A Estrada.

d) Data: décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: trece trinta (13.30) horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 20 de novembro de 2001.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade