Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.218

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BEGONTE

EDICTO do 5 de novembro de 2001 polo que se anuncia a exposición ó público da aprobación definitiva da modificación ó proxecto de urbanización do parque empresarial de Begonte.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 31 de outubro de 2001, aprobou definitivamente as modificacións ó proxecto de urbanización do parque empresarial de Begonte, polígonos B e C.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, e sen prexuízo do exercicio de calquera outro recurso que se considere procedente.

Begonte, 5 de novembro de 2001.

José Pena Rábade

Alcalde