Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.205

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (200/2000).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 200/2000 se dictou a presente sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

En Carballo, 14 de marzo de 2001.

Javier Fraga Mandián, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Carballo, viu estes autos de xuízo de faltas nº 200/2000, nos que foron partes, o fiscal e, como implicados María Mabel Lamas Fraga, Manuel Pallas Becerra, en virtude das facultades que me confire a Cosntitución e en nome de El-Rei, dicto a seguinte sentencia:

Decido que debo absolver e absolvo a Manuel Pallas Becerra, como autor da falta pola que se seguiu este xuízo, con declaración de oficio das custas procesuais.

Esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Manuel Pallas Becerra, que está actual

mente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no BOP da Coruña, expido este edicto, que asino en Carballo o 31 de outubro de 2001.

O secretario

Rubricado