Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.204

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (151/2000).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 151/2000 se dictou a presente sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

En Carballo, 28 de setembro de 2001.

María D. Rivas Navarro, titular do Xulgado de Instrucción nº dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, vista e oída en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas seguida por danos, rexistrada baixo o nº 151/2000 e tramitada por instancia de Alberto Allo Valiña, en calidade de denunciante, contra Carlos Sebastián Lema Mouzo en calidade de denunciado, no que foi tamén parte o Ministerio Fiscal e a teor dos seguintes.

Absolvo o denunciado Carlos Sebastián Lema Mouzo da acusación formulada contra el, con declaración as custas de oficio.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, prevíndoas de que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá certificacióin ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Carlos Sebastián Lema Mouzo, que está actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación do BOP da Coruña, expido este edicto, que asino en Carballo o 31 de outubro de 2001.

O secretario

Rubricado