Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.204

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XUNGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CALAHORRA

EDICTO (153/2000).

En Calahorra, 26 de outubro de 2001.

En autos de xuízo de menor contía nº 153/2000, seguidos por instancia de Carrocerías Maturana, S.A. contra Segundo Díaz Lobato, con data do 9 de xaneiro de 2001 dictouse sentencia número 3/2001, cunha parte dispositiva que di:

Que, estimando integramente a demanda interposta polo procurador Varea Arnedo en nome e representación de Carrocerías Maturana, S.A., debo condenar e condeno o demandado Segundo Díaz Lobato a lle pagar á demandante a cantidade de 2.277.000 pesetas (dous millóns duascentas setenta e sete mil pesetas), ademais de 65.370 pesetas (sesenta e cinco mil trescentas setenta pesetas) en concepto de xuros, cantidades que, por seren líquidas, devengarán os xuros do artigo 921 da Lei de axuizamento criminal, así como ó pagamento das custas procesuais causadas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación, que se interporá por escrito ante este xulgado no termo dos cinco días hábiles seguintes ó da notificación.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia ó demandado rebelde Segundo Díaz Lobato, estendo e asino este edicto na data arriba indicada.

A secretaria xudicial

Rubricado