Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.205

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (388/2000).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 388/2000 se dictou a presente sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

En Carballo, 31 de xaneiro de 2001.

Javier Fraga Mandián, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos deste partido, viu estes autos de xuízo de faltas nº 388/2000, seguidos por presunta falta de ameazas e, como partes: Perfecto Castro Pardiñas e Manuel Varela García.

Que debo absolver e absolvo a Manuel Varela García, como autor da falta pola que se seguiu este xuízo, con declaración de oficio das custas procesuais.

Esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Perfecto Castro Pardiñas, que está actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa publicación no BOP da Coruña expido este edicto, que asino en Carballo o 31 de outubro de 2001.

O secretario

Rubricado