Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.202

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 13 de novembro de 2001 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

O significado das claves numéricas que aparecen na columna «Corpo ou escala» dos postos de traballo incluídos no anexo I desta orde é o establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de marzo de 1999, publicada no DOG nº 56, do 23 de marzo, nas súas páxinas 3.284 y 3.285.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito ó conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela), segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.

As ditas solicitudes poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das súas delegacións provinciais, nos das direccións provinciais do Sergas ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que vimos de sinalar non se terán en conta.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. A resolución da mesma farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá declararse deserta, de considerarse oportuno.

Sexto.-O nomeamento dun funcionario con destino definitivo noutra Administración pública ou que preste os seus servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava punto 4º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, que resulte seleccionado para ocupa-lo posto de traballo anunciado estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demais disposicións concordantes.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días se o destino anterior está na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes se están en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Código do posto: CS.A02.00.006.15770.001.

Denominación do posto: subdirector xeral do Programa de Atención Sociosanitaria.

Dependencia: Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 30.

Complemento específico: 2.410.548.

Corpo ou escala: 1.1/1.2/5/6/7.

Formación específica: diploma directivo.