Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.201

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 23 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se comunica a publicación das puntuacións provisionais do baremo aberto o 29 de outubro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 6 de novembro) para prazas de interinidades e substitucións en especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e profesores de escolas oficiais de idiomas.

Rematado o prazo de presentación de instancias que figura no anuncio do 29 de outubro de 2001 (DOG do 6 de novembro) e asignada pola comisión a puntuación correspondente ós aspirantes, procede darlles publicidade.

Por iso, para que as devanditas puntuacións provisionais poidan ser coñecidas por todas aquelas persoas interesadas, procédese á súa publicación a partir do próximo mércores día 28 de novembro de 2001 no taboleiro de anuncios da Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria e da delegacións provinciais.

Contra estas puntuacións podrá presentarse reclamacións no prazo de sete días hábiles contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal