Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.184

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Copo Ibérica, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Copo Ibérica, S.A., con nº de código 3600452, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 19-9-2001, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 7-9-2001. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de setembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Copo Ibérica, S.A. e os traballadores

O presente convenio colectivo para os anos 2001 e 2002 asínase no domicilio social de Copo Ibérica, S.A. no día 7 de setembro de 2001, a representación da empresa, e os integrantes do comité de empresa indicados a continuación, recoñecéndose como interlocutores válidos ámbalas dúas partes.

Pola empresa:

Juan José I. Ibáñez Mateo.

Eleuterio Gutiérrez González.

Francisco Senén Vázquez.

Rosana Vila Campo.

Polo comité de empresa:

Xosé Miranda Vigo (CIG).

César Gómez Meixeiro (CIG).

Xosé Durán Castro (CIG).

Amadeo Almuster Campo (CIG).

Jaime Magdaleno Bello (CIG).

Xosé A. Lorenzo Leal (CIG).

Xosé M. González Camiña (CIG).

Carmen Leirós Lago (CIG).

Sabela Martín Sánchez (CIG).

Ramón Rey Costas (CIG).

TÍTULO I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito territorial do presente convenio é para a empresa Copo Ibérica, S.A., situada actualmente no municipio de Mos.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afecta ó persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa, salvo os que desempeñen cargos de conselleiros da empresa ou de alta xestión da empresa.

Artigo 3º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio será desde o 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2002.

Ben entendido, que esta vixencia só supón retroactividade nos conceptos económicos.

Mentres non se pacte un novo convenio, manteranse en vigor as cláusulas deste.

Artigo 4º.-Prórroga.

As partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 2002.

Este convenio manterá o contido normativo na súa totalidade ata a sinatura dun novo convenio segundo o artigo 3º.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

A empresa respectará as condicións máis beneficiosas que viñese desfrutando o persoal.

Artigo 6º.-Absorbibilidade.

Terán o carácter de absorbibles e compensables en cómputo anual coas condicións aquí establecidas, as melloras económicas que poidan estar desfrutando

os traballadores ou calquera outras que, por disposición legal, durante a vixencia deste convenio, puideran establecerse.

Artigo 7º.-Comisión de seguimento e interpretación (paritaria).

Durante a vixencia do presente convenio actuará unha comisión de seguimento e interpretación que, sen prexuízo das atribucións que en cuestión de vixencia teñen os comités de empresa, terá por funcións:

a) Vixilancia do cumprimento do pactado.

b) Actuar como órgano de interpretación, arbitraxe e conciliación, sen prexuízo da posibilidade da reclamación ante a xurisdicción administrativa e contenciosa previstas na lexislación vixente.

c) A comisión estará composta polo presidente e secretario do comité de empresa, e dous representantes da empresa. Os dous representantes da empresa serán de libre elección, sen que en ningún caso poidan exceder á representación social.

Por acordo de ámbalas dúas partes, poderase nomear un presidente entre os membros da comisión.

As normas de funcionamento da comisión determinaraas a propia comisión.

Artigo 8º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí acordadas forman un todo único e indivisible e para efectos da súa práctica serán consideradas globalmente.

TÍTULO II

Condicións laborais

Artigo 9º.-Cómputo horario anual (anexo I).

O cómputo horario anual que se realizará será de 1.756 horas por traballador para o ano 2001 e 1.752 horas para o ano 2002.

Para cumprilo, poderanse utilizar como días de axuste horario para o ano 2001 os indicados a continuación e que constan no calendario laboral asinado polo comité de empresa e os representantes da empresa (anexo I), quedando pendente de determinar unha reducción de xornada de 4 horas e os días de axuste para o ano 2002.

-5 de xaneiro.

-30 de abril.

-18 de maio.

-2 de novembro.

-7 de decembro.

-26, 27, 28 de decembro.

Artigo 10º.-Xornada laboral e quendas.

A xornada laboral de traballo será de 40 horas semanais de acordo co seguinte cadro horario:

1ª quenda: das 6 horas ás 14 horas de luns a venres.

2ª quenda: das 14 horas ás 22 horas de luns a venres.

3ª quenda: das 22 horas ás 6 horas de luns a venres.

Quenda partida: das 8 horas ás 13 horas e das 14 horas ás 17 horas de luns a venres, excepto do 1 de xuño ó 30 de setembro onde o horario será das 8 horas ás 13 horas, e das 14 horas ás 17.15 horas de luns a xoves, e das 8 horas ás 15 horas os venres.

A quenda partida aplicarase nos departamentos técnicos e administrativos así como nos novos contratos para outras funcións (almacén, etc.). Tamén, e de acordo cos interesados, poderá ser aplicado para postos de nova creación que o requiran ou en casos de ascensos a postos con este horario. A hora da pausa para a comida poderá oscilar, de acordo cos afectados, en función das necesidades do posto.

Dentro das 40 horas semanais, estan computados 17 minutos por parada de bocadillo, diariamente por quendas.

As 1ª e 2ª quendas serán realizadas polo persoal da empresa, mediante un sistema rotativo; a terceira quenda realizaraa o persoal eventual, por traballadores en cadro de persoal fixo desde o 1 de xaneiro de 1995 ou por traballadores en cadro de persoal fixo anteriores á dita data que decidan voluntariamente realizalo. Neste último caso, e se posteriormente o traballador solicitase volver ás quendas diúrnas, terá dereito á súa reintegración inmediata a elas.

Artigo 11º.-Vacacións (anexo I e II, calendario laboral).

As vacacións serán de 30 días naturais, quedando fixado o seu desfrute para o ano 2001 no calendario laboral anual asinado (anexo I e II).

As vacacións correspondentes ó ano 2002 quedan pendentes de determinación pola representación da empresa e dos traballadores de acordo co cómputo horario anual establecido no artigo 9º.

Se antes do desfrute das vacacions algún productor estivese en situación de baixa por accidente, desfrutará as vacacións desde o primeiro día da situación de alta. Se a baixa por accidente durase todo o tempo das vacacións, unha vez dado de alta, poríase de acordo coa dirección da empresa para analiza-los días de desfrute destas.

Así mesmo, se unha traballadora en situación xestante dera a luz ou está desfrutando do permiso de maternidade, e o parto cadrase no período vacacional, terá dereito ó desfrute do mesmo no ano natural, ou ben poderá despraza-las vacacións para o ano seguinte.

Artigo 12º.-Licencias e permisos.

Todo productor, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración do salario base, complemento de asistencia e puntualidade, complemento de antigüidade e complemento de convenio, por algún dos motivos seguintes e polo tempo indicado a continuación:

1. Matrimonio: 20 días naturais.

2. Nacemento de fillo: 3 días laborais.

3. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 1º grao de afinidade ou consanguinidade: 3 días laborais excepto no caso de pais, fillos e cónxuxe do traballador que lle corresponderán: 5 días naturais ou 3 días laborais, que escollará o traballador.

4. Enfermidade grave ou falecemento de parentes de 2º grao de afinidade ou consanguinidade: 2 días laborais.

5. O mesmo que 3 e 4 con necesidade de desprazamento: 4 días laborais.

6. Falecemento de tío: 1 día laboral.

6.a) Falecemento de parentes de 3º grao: 1 día natural.

7. Traslado de domicilio: 2 días naturais.

8. Cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal: polo tempo indispensable.

9. Para realizar funcións sindicais ou de representación de carácter persoal: nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

10. Por lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo que poderán dividir en dúas fraccións. A/O traballador/a pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción de xornada normal nunha hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que os dous traballen.

11. Para estudios: segundo artigo 22 da Lei 1980, o traballador terá dereito ó desfrute de permisos para concorrer a exames, ou a unha preferencia para elexir quenda de traballo. A empresa concederá reducción de xornada non retribuída a aqueles traballadores que, logo de acreditación de cursos de formación, estudios, etc., soliciten o dito permiso. Esta reducción non excederá de dúas horas diarias.

12. Asistencia a consulta médica: cando por razón de enfermidade o traballador necesite asistir a consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, a empresa concederá o permiso necesario sen perda da retribución especificada ó comezo do artigo, debendo xustificarse o dito permiso co correspondente volante visado polo facultativo. Neste, deberá consta-la hora de consulta, sen tal requisito non se aboará ningunha cantidade.

Poderán exercer dereito ó dito permiso aqueles traballadores que necesiten asistir con fillos menores de 14 anos ou maiores discapacitados, ademais de familiares directos (pais, nais, avós) maiores de 65 anos ou discapacitados.

12.a) Nos casos de parentes de 1º grao que sen necesidade de estar hospitalizados, teñan que desprazarse a máis de 100 km para recibir tratamentos que esixan o seu acompañamento, os traballadores que esgotasen o permiso establecido no artigo 12º.15 e precisasen de máis días por este motivo, solicitaranno previamente co fin de que unha vez analizado o caso a empresa acorde retribuí-los días de exceso do dito permiso.

13. Para asistencia a matrimonio de pais, fillos ou irmáns de consaguinidade: 1 día natural.

14. Coidados a menores ou a diminuídos físicos ou psíquicos: o traballador que teña ó seu coidado directo un menor de seis anos ou a un diminuído físico ou psíquico, e sempre que este non desempeñe ningunha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción de xornada de traballo dun tercio da súa duración, coa correspondente diminución de salario.

15. Os traballadores poderán desfrutar de cinco días de permiso non retribuídos por motivos persoais, para o cal deberán solicitalo con 48 horas de antelación e debendo ser compatible coas necesidades da empresa.

Considérase desprazamento, todo traslado a localidades distantes máis de 100 quilómetros do domicilio habitual do traballador.

Faise extensivo o desfrute dos permisos anteriormente citados, a aqueles traballadores que legalmente convivan con outra persoa e acrediten a súa situación por medio dun rexistro de parellas de feito, cun certificado expedido polo concello ou por medio do libro de familia.

Definición de graos de consanguinidade e afinidade:

-Consanguinidade ascendente: pais 1º grao, avós 2º grao.

-Consanguinidade descendente: fillos 1º grao, netos 2º grao.

-Consanguinidade colateral: irmáns 2º grao.

-Afinidade ascendente: pais políticos 1º grao, avós políticos 2º grao.

-Afinidade colateral: irmáns políticos 2º grao.

Artigo 13º.-Organizacion do traballo.

1. A organización do traballo, de acordo co prescrito na lexislación vixente e no presente convenio, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa. O comité de empresa terá a función de orientación e elaboración de propostas e informes no relacionado coa dita organización do traballo.

2. De conformidade coa lexislación vixente, o comité de empresa será informado pola empresa dos traslados de posto, cambios de quenda ou sección e en todo o derivado da mobilidade funcional dos traballadores dentro da estructura organizativa da empresa.

3. Os traslados ou cambios de posto non minguarán as condicións salariais dos traballadores afectados, excepto os incentivos ou complementos inherentes ó posto (prima de producción ou outros) que serán os estipulados para eses novos postos.

4. Ante a implantación dun novo sistema de prima de producción, novo método de traballo ou nova actividade, a empresa informará previamente ó comité de empresa e estudiará os informes que este puidera emitir, co obxecto de recoller e negocia-las súas achegas a esta nova implantación.

5. Cando a empresa introduza novas tecnoloxías que supoñan para os traballadores modificacións substanciais nas condicións de traballo, a empresa comunicará estas ó comite de empresa, o cal emitirá un informe dando a súa opinión. A empresa, de acordo co comité, dará a formación que estime necesaria en cada caso, para a formación e adaptación técnica dos traballadores afectados polas ditas tecnoloxías.

6. Áreas de descanso.

Os traballadores en período de descanso poderán utiliza-las instalacións de cantina ou áreas de descanso, evitando outras zonas por cuestións de seguridade e hixiene. Estas áreas de descanso deberán estar dotadas dos servicios necesarios para illala da zona de traballo adaptándoas ós requirimentos esixidos legalmente nesta materia. Así mesmo, durante a vixencia do presente convenio a empresa estudiará a posibilidade de modificar e amplia-las instalacións actuais da cantina.

7. Cuadrante de quendas e seccións.

Ó comezo de cada ano confeccionarase un cuadrante de quendas por traballador e sección definindo claramente as necesidades de traballadores por sección e liñas de producción, analizando e acordando co comité de empresa qué postos de traballo poden ser cubertos por contratos indefinidos. O cuadrante de quendas poderá ser modificado pola empresa para garanti-lo bo funcionamento do proceso productivo en concordancia co punto 2 do presente artigo.

Artigo 14º.-Condicións dos contratos.

En razón das condicións dos contratos de permanencia ó servicio da empresa, os traballadores clasifícanse en: fixos, contratados por tempo determinado, eventuais, interinos, contratados a tempo parcial, en formación ou en prácticas. Así mesmo, poderase celebrar calquera tipo de contrato de traballo sempre que a súa modalidade estea recollida na lexislación laboral vixente en cada momento.

Os traballadores baixo contratos eventuais terán os mesmos dereitos que os demais traballadores do cadro de persoal, salvo as limitacións derivadas da natureza do seu contrato e do presente convenio.

Segundo o acordo coa empresa, esta non exercerá o seu dereito a utiliza-la modalidade de contrato de aprendizaxe.

En atención ó disposto no artigo 15.1º do Estatuto dos traballadores (texto refundido) as partes asinantes deste convenio, acordan establece-la facultade empresarial de contratar traballadores para a realización de obras ou servicios determinados, de traballos suficientemente diferenciados, e con substantividade propia dentro da actividade normal da empresa, limitados no tempo e cunha duración que se poida prever. A empresa dará conta ó comité do obxecto do contrato, especificando, así mesmo, o número de traballadores que hai que contratar. En consecuencia a empresa comprométese a non subscribir contratos de posta á disposición con empresas de traballo temporal.

Para efectos de cubri-las necesidades da empresa, atendendo ó previsto no parágrafo anterior, confec

cionarase unha listaxe de traballadores, por rigorosa orde de ingreso, que serán chamados por orde de antigüidade, establecéndose quendas rotativas de chamada, de tal forma que será requirido o traballador que figure na listaxe no posto seguinte a aquel que foi contratado en último lugar.

1. Contratas externas de traballos.

Acórdase a creación dunha comisión con funcións orientativas para a determinación dos tipos de traballo que poidan desenvolve-las contratas externas. Esta comisión estará composta por tres representantes por parte do comité de empresa asinantes deste convenio e tres representantes por parte da empresa (responsable de xestión de materiais, responsable de prevención de riscos e responsable de mantemento).

Artigo 15º.-Técnicos e cadros.

1. Xornada laboral: será a pactada no convenio colectivo.

2. Definiranse as súas responsabilidades, funcións e obxectivos por departamentos.

3. Formación: terán dereito a unha atención preferente neste aspecto, para a posta ó día nos temas propios da súa actividade na empresa. Todo isto segundo o artigo 19º do presente convenio. Prestarase especial importancia a aspectos como formación do seu equipo, técnicas de exercicio de mando, técnicas de traballo en equipo, participación na toma de decisións.

4. Información: potenciarase o nivel de información facilitado a estes colectivos para o mellor desenvolvemento da súa función.

5. Participación: promoverase un maior nivel de participación nas decisións e propostas.

Artigo 16º.-Ascensos e provisión de vacantes.

Os ascensos efectuaranse de acordo co indicado polo Estatuto dos traballadores.

A empresa, comunicará previamente ó comité as necesidades de vacantes que hai que cubrir e establecerase unha quenda de méritos de acordo cun sistema de cómputos dos mesmos de carácter obxectivo, tomando como referencia as seguintes circunstancias: antigüidade na empresa, coñecemento do posto de traballo, ter desenvolvido funcións de superior categoría e nivel de aptitude demostrado nos cursos de formación ou captación que realizasen para o efecto. Estas consideracións serán valoradas conxuntamente co comité de empresa.

Todo traballador que leve máis de 5 anos cunha categoría terá dereito a unha revisión desta, e valorarase o desenvolvemento do seu traballo para acada-la seguinte categoría. Esta medida non menoscaba o dereito de calquera traballador a reclamar ante os órganos competentes a categoría que el considere acorde ó seu posto de traballo.

A empresa responderá de forma escrita a cada solicitude de revisión de categoría.

Os traballadores con categoría de peón e axudante de transformación, unha vez cumprido un ano ó servicio da empresa, ascenderán automaticamente á categoría inmediata superior.

Artigo 17º.-Creación de emprego fixo.

Durante a vixencia do presente convenio, a empresa comprométese a converter en fixas a aquelas persoas que estando en situación de temporais cumpran o prazo establecido segundo a lexislación vixente.

Ademais, xerarán un posto fixo, aqueles postos que quedasen vacantes por falecemento ou xubilación do titular.

A adquisición do carácter de fixeza está en función da condición de que o traballador afectado teña a posibilidade de traballar na terceira quenda da empresa.

Durante a vixencia do presente convenio, crearanse 11 postos de traballo fixos durante o ano 2001 e outros 11 durante o ano 2002, seguindo os criterios establecidos no acordo asinado entre o comité e os representantes da empresa con data 19-10-1999.

A empresa entregará o comité de empresa nos meses de xaneiro e setembro un informe do número medio de traballadores fixos dos 7 e 5 meses inmediatamente anteriores.

Candom alegando causas tecnolóxicas ou económicas, organizativas ou productivas, a empresa teña intención de recorrer á rescisión de contratos, calquera que sexa o seu número, abrirá un período de consultas cos representantes legais dos traballadores.

Artigo 18º.-Capacidade diminuída.

No suposto de invalidez permanente parcial, o traballador afectado terá un dereito preferente para ocupar aquel posto de traballo que poida desempeñar con eficacia suficiente no seu estado de invalidez. Oirase neste expediente ó comité e ó servicio médico de empresa.

Artigo 19º.-Formación.

Potenciarase a política de formación para posibilitar:

-Un mellor desenvolvemento profesional do posto de traballo.

-A adecuación dos recursos humanos ós cambios organizativos e tecnolóxicos.

-O desenvolvemento dun mando e unha toma de decisións máis participativa.

-A creación de novas expectativas de ascenso.

-A adaptación dos novos empregados a empresa.

1. Continuarase coa potenciación dos cursos de formación externos e comezaranse cursos internos para formación de responsables de área ou quenda, ampliándose sucesivamente. A empresa consultará previamente co comité de empresa a posta en marcha dos plans de formación. Así mesmo, fomentarase a

formación do persoal apropiado no concernente ó coñecemento das novas tecnoloxías que se poidan aplicar na empresa. Evitarase, sempre que os prazos de execución ou o nivel de coñecementos requirido o permitan, o desprazamento profesional do persoal actual en beneficio doutro de nova contratación.

2. A asistencia ós cursos de formación é de carácter voluntario. Tanto os mandos como ó comité de empresa colaborarán na difusión das accións formativas que se promovan, fomentando a asistencia ós cursos.

Non obstante, será obrigatoria a asistencia naqueles casos de convocatorias como antecedente obrigado para certas promocións, cando a necesidade de formación sexa requirida para o adecuado e seguro desenvolvemento do contido do posto de traballo.

3. Estudiaranse por parte da empresa as peticións de permisos extraordinarios solicitados polos traballadores que teñan como fin a formación propia ou a reciclaxe.

Cando os cursos se realicen fóra da xornada laboral, a empresa aboará a cantidade de 1.000 pesetas por cada hora, así como o importe da comida. A empresa aboará a quilometraxe do desprazamento ó centro de impartición dos cursos, ben sexa desde a empresa ou ben sexa desde o domicilio do traballador.

Artigo 20º.-Excedencias.

Aplicarase o establecido no Estatuto dos traballadores e leis complementarias sobre o particular.

Aqueles traballadores cunha antigüidade mínima de catro anos ó servicio da empresa, terán dereito a solicitar unha excedencia equivalente á duración dun curso lectivo e destinado á formación do solicitante.

Artigo 21º.-Roupa de traballo.

A empresa facilitará roupa apropiada de traballo ó persoal seguinte:

1. Persoal de fábrica, talleres e almacéns: efectuaranse tres entregas anuais da seguinte forma:

-1ª entrega, do 15 ó 31 de marzo: roupa e calzado de verán.

-2ª entrega, do 1 ó 15 de xullo: roupa de inverno e calzado de verán.

-3ª entrega, do 15 ó 31 de outubro: roupa e calzado de inverno.

Coincidindo con estas entregas, ós encargados entregaránselle batas e calzado.

2. Ó persoal de mantemento facilitaráselle calzado de seguridade (botas no inverno e zapatos no verán).

3. Ó persoal de laboratorios e departamentos técnicos, facilitaránselle tres batas ó ano, coincidindo coas datas sinaladas anteriormente.

O persoal antedito, que, por razóns de traballo o precisase, proporcionaríaselle roupa e calzado adecuados.

4. Ó Persoal de nova incorporación á empresa comprendido nos grupos dos apígrafes 1, 2, 3, facilitaráselle unha entrega dobre de roupa da época do ano que corresponda, e un par de tenis. A seguinte entrega sería normal.

5. Por razón do tipo de traballo habitual (traballo en exteriores) poderase facilitar, ademais, unha peza tipo anorak.

6. A petición individual, poderase cambia-la roupa de verán por unha funda.

7. Para determinadas seccións, poderase facilitar, en lugar de funda, un conxunto chaquetiña-pantalón ou polo-pantalón.

8. Se algún dos traballadores tivese a súa roupa de traballo en malas condicións como consecuencia da actividade que desenvolve, terá dereito á súa reposición, logo de xustificación.

9. Todo productor que cause baixa por enfermidade ou accidente, por un tempo de oito meses recibirá unha soa entrega. Se a baixa fose por doce meses non terá dereito a ningunha entrega.

As pezas de roupa do persoal masculino serán polos, e as fundas seran 100% algodón.

As pezas de roupa do persoal feminino serán as adecuadas, segundo criterio de ámbalas dúas partes.

Ó persoal que realice traballos sucios proporcionaránselle pezas de protección adecuadas.

A aqueles operarios que o soliciten facilitaráselles un chaleco, naquelas seccións onde se faga necesario ou o acorde ó comité de saude laboral.

A empresa garantirá en cada momento que a subministración das pezas de roupa se faga en condicións óptimas de calidade, mellorando tódolos productos e entregando prendas de calidade contrastada, que conteñan etiqueta identificativa. As prendas de traballo serán en tódolos casos de 100% algodón.

10. Tipo de calzado.

-O persoal masculino: tenis nas entregas de verán e deportivos con cámara de aire na de inverno.

-O persoal feminino: zocos ortopédicos nas entregas de verán e zapatillas adecuadas na de inverno.

11. Tódalas pezas entregadas nos distintos prazos de entrega de roupa, terán que ser homologadas e revisadas polo comité de saúde laboral.

Artigo 22º.-Saúde laboral (anexo III).

Durante a vixencia deste convenio colectivo seguirán en vigor as normas de seguridade e hixiene aprobadas pola dirección da empresa e a maioría do comité de empresa en decembro de 1989 e que figuran como anexo a este convenio (anexo III).

Acórdanse ademais as seguintes cláusulas:

1. O comité de saúde laboral fará chegar á dirección da empresa, no mes de setembro de cada ano, as súas propostas de melloras nesta materia para

o seu estudio e posible inclusión no plan de investimentos do ano seguinte.

2. Concédese a cada un dos membros do comité de saúde laboral un día libre cada tres meses co fin de inspeccionar, xunto ó secretario do dito comité as instalacións e os productos. O comité de saúde laboral avisará con 48 horas de antelación ó responsable da sección afectada, sobre qué persoas tomarán o dito día.

Os integrantes do comité de saúde laboral que realicen a inspección confeccionarán un informe por escrito que se enviará á xerencia e ó comité de empresa.

3. Debido ás características dos productos utilizados na fabricación pola empresa, aplicarase ás traballadoras en estado de xestación un especial tratamento, procurando que non estea en contacto con productos que poidan ser considerados nocivos para a súa saúde ou para o feto.

Así mesmo, esta traballadora elexirá quenda de traballo a partir do 5º mes de embarazo.

TÍTULO III

Aspectos sociais

Artigo 23º.-Seguro de vida.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro a prol dos traballadores da empresa, para cubri-las seguintes indemnizacións polas seguintes causas:

Morte: 2.658.840 pesetas.

Invalidez permanente absoluta: 2.658.840 pesetas.

Morte por accidente: 5.317.680 pesetas.

Morte por accidente de tráfico: 7.976.520 pesetas.

Artigo 24º.-Fondo social (anexo IV).

Dotarase o fondo social con 2.173.500 pesetas, o cal será administrado por unha comisión formada por tres membros do comité de empresa asinantes deste convenio e tres representantes da empresa.

Para o ano 2002 actualizarase a dotación en función do IPC real máis 0,5.

O fin do fondo social é o de atende-las axudas de carácter social que sexan solicitadas polo personal ó que afecta o presente convenio.

O fondo social rexerase polas normas de funcionamento aprobadas polo comité de xestión do fondo social e persoal (anexo IV).

Artigo 25º.-Seguro complementario de incapacidade profesional total e permanente.

A empresa subscribirá un seguro complementario de incapacidade total e permanente a favor de tódolos traballadores cun capital asegurado de 2.658.840 pesetas.

Este seguro será custeado polas bonificacións obtidas do seguro de vida e a diferencia ata o custo total, será cuberto pola empresa.

Artigo 26º.-Comedor.

A empresa aboará os gastos de comidas orixinados por necesidades dela na contía fixa de 1.762 pesetas por comida, nos casos nos que a xornada laboral se alongue nunha hora ou máis. O persoal que cubra o seu posto de traballo a quenda partida cobrará a contía diaria de 1.150 pesetas por comida, debendo presenta-la súa xustificación cunha factura expedida a nome de Copo Ibérica, S.A.

Artigo 27º.-Anticipos.

O persoal terá dereito ós anticipos estipulados legalmente (artigo 29 do Estatuto dos traballadores: anticipos sobre o xa traballado). Os anticipos extraordinarios para outros fins serán obxecto dun estudio particular por parte da empresa.

O traballador que o solicite, poderá pedir un anticipo equivalente ó importe total das gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios, sendo concedido automaticamente se o traballador non acumula débedas coa empresa que fixeran inviable este pagamento ó vencemento das anteditas gratificacións.

Artigo 28º.-Desprazamentos.

O persoal que por petición da empresa teña que desenvolve-lo seu traballo fóra dela terá dereito ó reembolso de tódolos gastos de transporte, aloxamento e comidas nas que incorra con ocasión do dito desprazamento, logo de presentación das facturas correspondentes.

A empresa anticipará diñeiro en efectivo ou facilitará tarxeta de crédito, para cubri-los gastos previstos en cada desprazamento , coa obriga de posterior xustificación e liquidación dos gastos efectivamente habidos.

1. Para desprazamentos superiores a 50 quilómetros e de curta duración, entendendo por tales os que teñan unha duración inferior a 30 días, establécense as seguintes condicións:

a) De 1 a 6 días ininterrompidos, incremento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento, exceptuándose ós traballadores con categorías iguais ou superiores a responsables de sección, así como aqueles traballadores que para o normal desenvolvemento da súa actividade na empresa requiran desprazarse habitualmente.

b) De 7 a 14 días ininterrompidos, incremento do 35% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento.

c) De 15 a 21 días ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento.

d) De 22 a 30 días ininterrompidos, incremento do 50% da retribución diaria total para todo o tempo que dure o desprazamento, máis un día libre retribuído.

Para estes efectos entenderase por retribución diaria a remuneración total percibida polo traballador incluíndo, se é o caso, as horas extras realizadas durante o desprazamento.

O desprazamento considérase ininterrompido cando a empresa non se faga cargo dos gastos de viaxe ó seu domicilio habitual nos que poida incorre-lo traballador durante o período de desprazamento. Polo contrario, considerarase interrompido cando estes gastos sexan a cargo da empresa.

O cómputo dos días de duración efectiva do desprazamento calcularanse do seguinte xeito:

a) Tomaranse as horas desde o inicio ata o fin do desprazamento.

b) A cantidade resultante de horas dividirase entre 24.

c) O resultado redondearase por exceso sempre que sexa maior ou igual a 0,5.

2. Para os desprazamentos superiores a 50 quilómetros e de longa duración, é decir, por tempo superior a 30 días ininterrompidos, e cun máximo de 90 días, aboarase un incremento do 50% sobre a retribución diaria e concederanse dous días libres retribuídos por cada mes que dure o desprazamento.

Estes días de vacacións desfrutaranse ó regreso ó domicilio de orixe do traballador.

2.1. Para todos aqueles traballadores que manteñan un desprazamento por un espacio de tempo superior a seis meses, transcorridos dous meses de estadía nun hotel que será custeado pola empresa, no caso de que queiran facer uso dunha vivenda de aluguer, a empresa aboará unha cantidade global similar ó custo medio do aluguer dunha vivenda na dita zona de desprazamento.

3. Seguros de vida, enfermidade e asistencia en viaxe.

A empresa concertará para tódolos seus traballadores desprazados por máis de 8 días a un país da Unión Europea, e a partir do primeiro día no caso de desprazamento fóra da Unión Europea, e para todo o tempo que dure o desprazamento, un seguro de vida 24 horas por un importe de 15.525.000 pesetas, e un seguro de enfermidade e asistencia en viaxe.

4. O traballo que presten os traballadores contratados pola empresa cando desenvolvan o seu servicio no estranxeiro someteranse estrictamente á lexislación española e ó presente convenio. En consecuencia, estes traballadores terán como mínimo os dereitos económicos que lles corresponderían no caso de traballar en territorio español. O traballador e o empresario someterán os seus litixios á xurisdicción laboral española.

Artigo 29º.-Quilometraxe.

O importe do quilómetro para desprazamentos con vehículo propio por necesidades da empresa fíxase en 45 pesetas/km brutas. Inclúe tamén os desprazamentos á mutua de accidentes tanto por revisión periódica como por asistencia médica por accidente.

Artigo 30º.-Axuda por fillo diminuído e axudas para libros escolares.

1. A petición do comité de empresa e para as persoas para as que se solicitase, durante a vixencia do presente convenio, a empresa aboará a cantidade de 37.258 pesetas mensuais por cada fillo diminuído físico ou psíquico, recoñecido pola Seguridade Social e que estea ó cargo do traballador.

2. Durante o presente convenio a empresa subvencionará cun 50% os gastos de libros escolares a tódolos traballadores con familia numerosa, acreditada legalmente por medio dun libro de familia ou certificación oficial. Este aboamento producirase no mes de outubro e o traballador/a terá que presenta-las facturas, ademais do recibo de libros pedido polo centro escolar ó que asisten os fillos do beneficiario.

TÍTULO IV

Aspectos sindicais

Artigo 31º.-Asembleas.

No que a esta materia se refire estará suxeito ó que establece o Estatuto dos traballadores sobre o dereito de reunión. A comunicación á empresa e demais requisitos efectuaranse polo menos con 48 horas de antelación.

A empresa, por petición do comité de empresa, autorizará asembleas para tratar asuntos importantes e urxentes.

Artigo 32º.-Acumulación de horas sindicais.

As horas establecidas para os membros do comité de empresa (33 horas por membro) poderán ser acumuladas anualmente para un ou varios membros do dito comité, sempre e cando se lle indique á dirección da empresa a distribución delas. Así mesmo, as seccións sindicais constituídas legalmente terán tódolos dereitos e garantías reflectidas na LOLS (Lei orgánica de liberdade sindical). As seccións sindicais legalmente constituídas terán a mesma consideración en termos de crédito horario que o comité de empresa en canto á acumulación de horas (33 por membro).

Artigo 33º.-Dereitos sindicais.

O comité de empresa terá dereito a ter coñecemento e control de tódolos contratos de traballo do persoal afectado por este convenio, sempre e cando sexan solicitados por este.

1. O comité de empresa terá coñecemento con anterioridade de calquera sanción ou despedimento dun traballador do cadro de persoal.

2. No referente a dereitos sindicais aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e LOLS, así como a lexislación concordante.

Artigo 34º.-Taboleiro de anuncios.

Cada central sindical representada dentro do comité de empresa terá dereito a un taboleiro de anuncios para o seu uso exclusivo.

TÍTULO V

Conceptos económicos

Artigo 35º.-Retribuciones e masa salarial bruta.

1. O incremento salarial para o ano 2001 será igual ó IPC real 2001 máis 0,5.

Os salarios do persoal sinalados na táboa salarial anexa responden a un incremento salarial do 3,5%, que se revisará ó peche do ano de acordo co IPC real ano 2001+0,5%.

A paga consolidada para todo o personal afectado por este convenio establécese na cantidade de 70.000 pesetas. O incremento desta paga para o ano 2002 será igual ó IPC real do dito ano+0,5% e aboarase no mes de xuño.

2. Masa salarial bruta (MSB).

Para a negociación do presente convenio, tivéronse en contas as seguintes masas salariais das categorías comprendidas na táboa salarial anexa ó convenio 1999-2000.

-Salario base individual, por grupos de categorías e totais ano.

-Complementos de asistencia e puntualidade individuais, por grupos de categorías e totais ano.

-Complementos de antigüidade individuais e complemento de convenio 1994, por grupos de categorías e totais ano.

(Todas elas incluíndo as pagas extraordinarias).

-Total aboado por prima de producción ano 2000.

-Complementos de posto de traballo.

3. En xeral, a MSB definiuse da seguinte forma:

3.1. Retribucións salariais brutas.

3.1.1. Salarios bases.

3.1.2. Beneficios e complementos.

3.1.3. Incentivos e primas de producción.

3.1.4. Pagas extraordinarias.

3.1.5. Complementos de postos de traballo.

3.2. Outros conceptos económicos.

3.2.1. Comisións e axudas de custo.

3.2.2. Premios e prestacións especiais.

3.2.3. Bolsas.

3.2.4. Subvencións a comedores.

3.2.5. Vivendas.

3.2.6. Outros beneficios sociais non retribuídos.

3.3. Retribucións por horas extraordinarias.

3.4. Retribucións por antigüidades e complemento convenio 1994.

Estes conceptos estarán referidos a tódolos traballadores da empresa, excepto ós que formen parte do staff da presidencia da compañía e das direccións da empresa.

Para depura-la MSB definida, excluiranse:

-As cantidades do epígrafe 35º.3.2.

-As cantidades de carácter asistencial e social (formación profesional, cultural, recreativa, comedores, axuda familiar, transporte, etc). Estas cantidades non se excluirán no caso de seren percibidas a tanto alzado polos traballadores.

-As cantidades correspondentes ó persoal de staff de presidencia e direccións da empresa.

-As cantidades do epígrafe 35º.3.4.

-As cantidades do epígrafe 35º.3.3. serán estudiadas, se é o caso, pola dirección da empresa e o comité de empresa.

4. As agrupacións de categorías que se consideraron nesta negociación foron as seguintes:

-Oficiais 1ª mantemento.

-Oficiais 1ª fabricación con profesionais 1ª fabricación.

-Oficiais 2ª mantemento.

-Oficiais 3ª mantemento.

-Oficiais 2ª fabricación con profesionais 2ª fabricación.

-Axudantes especialistas con especialistas.

-Peóns e axudantes de transformación.

-Oficiais 1ª transformación.

-Oficiais 2ª transformación con profesionais 2ª transformación.

-Oficiais 3ª transformación.

-Contramestres, encargados, capataces e mestres industriais.

Artigo 36º.-Complemento de antigüidade e complemento de convenio 1994.

1. Complemento de antigüidade.

O complemento de antigüidade consistirá en seis trienios do 5% cada un, calculado sobre o salario mínimo interprofesional aprobado anualmente por real decreto do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, incluídas o número de pagas extras recollidas neste convenio que ascenden a 15 por ano.

2. Complemento de convenio 1994.

Todo o personal fixo a 31 de decembro de 1993 pasará a ter un complemento de convenio 1994, equivalente á diferencia entre o 30% do seu salario base da táboa salarial vixente no 1993 e o complemento de antigüidade mencionado no punto 1 deste artigo.

Este complemento de convenio terá carácter de absorbible en anos vindeiros na mesma contía que se incremente o complemento de antigüidade.

3. Agora ben, todo traballador que o 31 de decembro de 1993 xa tivese unha antigüidade do 30% a porcentaxe maior por aplicación do complemento de antigüidade vixente en 1993, consolidará para 1994 a porcentaxe aplicable en 1993 e incrementarase coa parte da porcentaxe que correspondese ó 31 de decembro de 1993 en función do tempo transcorrido desde o devengo do último quinquenio. Polo tanto, o seu complemento de convenio será o resultado de aplica-la dita porcentaxe sobre a táboa salarial vixente en 1993 minorado polo complemento de antigüidade calculado de conformidade co artigo 36º.1.

Este complemento de convenio terá carácter de absorbible na mesma coantía na que se incremente o complemento de antigüidade.

Artigo 37º.-Complemento de asistencia e complemento de puntualidade.

O importe destes dous complementos percibirase na contía fixa mensual que figura na táboa salarial anexa, actualizándose de acordo co establecido no artigo 35º.

Estes dous complementos cobraranse por día efectivo de traballo.

Os atrasos que se produzan á hora de entrada ou faltas parciais ó traballo nun día determinado implicarán a perda da parte proporcional do complemento de asistencia (sempre que o atraso sexa superior a unha hora) e de cento por cento do complemento de puntualidade dese día.

Nas faltas ó traballo durante todo o día non se aboará o importe de ámbolos complementos do dito día, exceptuándose as licencias e permisos recollidos no artigo 12º do presente convenio (salvo nas que se indique o contrario), así como as saídas a consulta médica por razóns de enfermidade do traballador.

Artigo 38º.-Complemento de toxicidade.

Este complemento está integrado no salario base que figura na táboa salarial aplicable constitúe un 10% do mesmo.

Artigo 39º.-Complemento de nocturnidade.

Este complemento será do 30% sobre tódolos conceptos salariais, pagándose dito complemento na xornada comprendida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

Cando por necesidades da empresa, o persoal teña que prolonga-la súa xornada despois das 6 horas, para efectos de cobro serán consideradas como horas nocturnas.

Artigo 40º.-Baixas por accidente.

Nas baixas por accidente garánteselle ó traballador afectado o 100% da súa retribución, incluíndo a prima de producción, se estivese suxeito a ela. Para o cálculo desta tomarase como base o importe/hora que se obteña no mes correspondente, excluíndo as horas de baixa por accidente para o seu cálculo da mesma.

Artigo 41º.-Baixas por enfermidade.

Nas baixas por enfermidade, sempre e cando o afectado necesite hospitalización, a retribución do traballador será do 100% da base de cotización do mes anterior, só durante o período de hospitalización, sen que este período supere os 80 días.

No resto das baixas por enfermidade cobrarase a razón do seguinte:

-Os 3 primeiros días de baixa cobrarase segundo a lexislación vixente.

-Do 4º ó 20º día cobrarase o 70% da base tarifada do mes anterior.

-Do 21º en diante cobrarase o 90% da base tarifada do mes anterior.

Estudiaranse aquelas baixas de enfermidade que, logo de informe médico e de acordo coas súas características, puideran ser merecedoras do cobro do 100% da súa retribución.

Artigo 42º.-Gratificacións extraordinarias.

1. As gratificacións extraordinarias de xullo, Nadal e beneficios serán aboadas, para todo o persoal, na contía dunha mensualidade do salario base, complemento de asistencia e complemento de puntualidade, así como o complemento de antigüidade e complemento de convenio 1994 correspondentes.

As datas de pagamento das gratificacións de xullo e decembro faranse efectivas os días 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, sendo aboada a de beneficios o 25 de xaneiro do ano seguinte. En caso de que algún dos días fixados para o seu cobro coincidise cun día inhábil, pagaríanse no primeiro día hábil seguinte.

2. Todo productor que ó longo do ano de vixencia do presente convenio non teña un absentismo superior a 6 días laborable, percibirá unha gratificación de seis días de salario base, complemento de asistencia, complemento de puntualidade, complemento de antigüidade e complemento convenio 1994, máis 12.380 pesetas. Para o cómputo do absentismo antedito non se terán en conta os permisos e licencias recollidos no artigo 12º deste convenio, así como as baixas por accidente ou hospitalización, computándose polo tanto toda falta total ou parcial ó traballo aínda que sexa xustificada, tales como atrasos, baixas por enfermidade sen hospitalización, etc.

3. No mes de agosto acórdase establecer un complemento equivalente ó 100% da prima de producción media dos meses de abril, maio e xuño inclusive, que será efectivo coa mensualidade de agosto.

A repartición da dita cantidade efectuarase de forma lineal entre tódolos traballadores que perciban actualmente prima de producción. Computaranse, ademais das horas reais de presencia, as horas de ausencia dos permisos e licencias contemplados no artigo 12º do presente convenio e as baixas de accidente.

O persoal non suxeito a percepción da prima de producción, con categoría igual ou inferior a xefe de sección cobrará a prima media resultante do cobrado polo resto do persoal afectado.

4. Acórdanse establecer dúas gratificacións extraordinarias por non absentismo nos meses de xullo e decembro, consistentes cada unha no 55% da prima de producción media de cada traballador, calculándose a de xullo coa media de abril, maio e xuño e a de decembro coa media dos meses de setembro, outubro e novembro.

Para o cómputo do dito absentismo non se terán en conta as licencias e permisos recollidos no artigo 12º do presente convenio, ademais das baixas por accidente ou hospitalización, computándose por tanto toda falta total ou parcial, aínda xustificada, tales como atrasos, baixas por enfermidade, etc.

Estas gratificacións extraordinarias aplicaranse a aqueles traballadores con categoría inferior a xefe de departamento.

Artigo 43º.-Prima de producción.

Durante a vixencia do presente convenio colectivo, os valores da prima de producción serán os seguintes:

Moldeado:

As fórmulas de cálculo son:

Numerador=((pezas*pesetas/peza)+P.min)

Denominador=(persoal norm*coeficiente)*8 h*días traballados/mes).

Pesetas/hora=numerador: denominador.

Prima=coeficiente*pesetas hora*persoal real (horas).

Persoal normal por quenda:

Quente IQuente IINoiteMesturas

1/2 encargado1/2 encargado

1 encargado1 encargado1 encargado1 encargado

9 operarios11 operarios3 operarios2 operarios

HR IHR II

4 operarios3 operarios

MoldeadoProd. e horas de referencia

Quente, frío, acolchados, in-situ, espuma cortadaPezas e horas de quente e HR

SemirríxidoMesma que quente

TransformaciónPezas e horas de quente e HR

Calidade e embalaxePezas e horas de quente e HR

MantementoPezas e horas de quente e HR

AlmacénPezas e horas de quente e HR

Encargado almacénMedia ptas./hora de quente e HR

Encargado transformaciónMedia ptas./hora de quente e HR

Encargado preproducciónMedia ptas./hora de quente e HR

Prezo pezaPrima mínima

Quente e HR5,3922.502

Transformación5,0241.930

Calidade e embalaxe5,0241.930

Almacén5,0241.930

Mantemento5,0241.930

O incremento na prima de producción durante o ano 2001 será igual ó IPC real de final de dito ano máis 0,5%. Na táboa anterior reflíctese un incremento inicial do 3,5% de acordo co establecido no artigo 35º.1, que será revisado unha vez obtido o dato do IPC real 2001.

Para o ano 2002 o incremento será igual ó IPC real do dito ano máis 0,5%.

A prima de producción incrementarase en 500 pesetas lineais por traballador e mes.

Artigo 44º.-Horas extraordinarias.

A empresa e o comité acordan a conveniencia de reducir ó minimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes criterios:

1. Horas extraordinarias habituais:

Suspensión.

2. Horas extraodinarias motivadas por forza maior.

Enténdense como tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas.

Realización.

3. Horas extraordinarias estructurais.

A fin de clarificar este concepto, entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas, substitución de horas sindicais e outras circunstancias de carácter estructural como avarías ou mantemento urxente, todo iso, sempre que non poidan ser substituídas por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

A empresa a fin de minimiza-la incidencia do absentismo na realización de horas extras, designará o personal necesario para cubri-la porcentaxe de absentismo medio no ano 2000.

A dirección da empresa entregará ó comité de empresa resumo mensual de tódalas horas extraordinarias, indicando o nome do traballador, sección onde se realizaron, as súas causas e número delas. Así mesmo, en función desta información e cos criterios sinalados anteriormente, a empresa e o comité determinarán o carácter e a natureza das horas.

Por razóns de tipo operativo acórdase que a comunicación a cada traballador das horas extraordinarias realizadas por el mesmo, sexa mensual.

As horas extraordinarias realizadas por causa de forza maior e as estructurais, non terán o recargo nas cotizacións á Seguridade Social ó que se refire o Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e reais decretos 1858/1981, do 20 de agosto, e do 1/1985, do 5 de xaneiro. Para iso notificaranse mensualmente á autoridade laboral, conxuntamente pola empresa e o comité.

O valor da hora extraordinaria será o indicado, en cada categoría na táboa salarial anexa en relación co artigo 35º.1.

Cláusula adicional.

Para o ano 2002 e en tódolos aspectos económicos non indicados expresamente acórdase un incremento igual ó IPC real do ano 2002 máis 0,5%.

TÍTULO VI

Conceptos legais

Artigo 45º.-Lexislación aplicable.

No que non estea expresamente disposto neste convenio colectivo aplicarase o disposto polo Estatuto dos traballadores e demais disposicións concordantes.

Artigo 46º.-Comisión negociadora.

Está constituída por Juan Ibáñez Mateo, Eleuterio Gutiérrez González, Francisco Senén Vázquez López, Rosana Vila Campo, en nome e representación da empresa Copo Ibérica, S.A. e o comité de empresa, representante legal dos traballadores.

ANEXO I

Táboa salarial ano 2001

Hora extra

Grupo profesionalSalario

base

Complem.

asistencia

Complem.

puntualidade

TotalHábilInhábilPrima

producción

-Persoal técnico e de fabricación
Contramestre221.77027.56227.193276.5252.9343.814Si, 1,2
Mestre industrial215.22127.14326.774269.1382.9343.814Si, 1,2
Encargado209.23926.55026.182261.9712.9343.814Si, 1,2
Capataz178.86625.08724.749228.7022.8053.646Si, 1,2

-Persoal oficina técnica
Delineante de 1ª208.37826.11722.671257.1662.9343.814Non
Delineante de 2ª175.23118.79415.980210.0052.8053.646Non
Delineante de 3ª133.67113.76313.145160.5792.2812.966Non

-Persoal administrativo e vendas
Oficial de 1ª administrativo182.91219.61416.675219.2012.9343.814Non
Oficial de 2ª administrativo158.62325.04222.278205.9432.3933.108Non
Auxiliar de administrativo132.62713.50911.385157.5212.2812.966Non
Graduado social132.62713.50911.385157.5212.2812.966Non

-Xefes de departamento e servicios sociais
Xefe de sección244.30637.28633.114314.706NonNon
Cronometrador179.02219.88016.964215.866NonNon
Auxiliar de métodos e tempos133.45213.61711.495158.5642.2812.966Non
Programador191.65436.01932.521260.1942.9343.814Non
Auxiliar de programador133.45213.61711.495158.5642.2812.966Non
Garda de barreira123.72612.83412.043148.6032.2812.966Non
Conductor de 1ª152.73520.95618.369192.060NonNon
Conductor de 2ª134.67113.80313.337161.811NonNon
Secretaria158.37515.12912.631186.134NonNon
Limpadora120.65312.12011.567144.3402.2812.966
Auxiliar limpadora104.73411.05111.533127.3172.2812.966
Licenciado e enxeñeiro técnico144.99022.39820.133187.521NonNon

-Persoal técnico de laboratorio
Analista182.91219.61416.674219.2012.8053.646Non
Especialista de laboratorio175.28318.81715.991210.0922.8053.646Non
Auxiliar de laboratorio133.49413.63811.505158.6382.2812.966Non

-Persoal de fabricación
Oficial de 1ª139.59120.48121.180181.2522.5423.304Si, 1,1
Profesional de 1ª137.43617.50618.205173.1472.3933.108Si, 1,1
Oficial de 2ª134.69113.82214.637163.1502.2812.966Si, 1,1
Profesional de 2ª134.69113.82214.637163.1502.2812.966Si, 1,1
Especialista132.21313.59914.095159.9072.2812.966Si, 1,0
Axudante especialista124.62713.02513.196150.8482.2812.966Si, 1,0
Peón104.73611.05211.535127.3232.2812.966Si, 0,8

-Persoal de transformación
Oficial de 1ª129.00014.20414.427157.6312.3253.021Si, 1,1
Oficial de 2ª121.69412.25612.633146.5832.2812.966Si, 1,1
Oficial de 3ª121.69412.25612.633146.5832.2812.966Si, 1,0
Axudante de transformación104.73611.05211.535127.3232.2812.966Si, 0,8

-Persoal de mantemento/conservación
Oficial de 1ª181.96026.24826.047234.2552.7133.529Si, 1,2
Oficial de 2ª150.64921.65422.025194.3282.3933.108Si, 1,1
Oficial de 3ª134.59713.81914.634163.0502.2812.966Si, 1,0

ANEXO III

Saúde laboral

Normas de seguridade e hixiene.

O comité de empresa de Copo Ibérica, S.A. e a súa dirección subscriben na súa totalidade as presentes normas. Estas normas están redactadas en función dos acordos tomados segundo os productos utilizados nos procesos de fabricación, algúns dos cales poden ser considerados como nocivos para a saúde.

Ó mesmo tempo, estas normas serven como base para unha maior concienciación, tanto por parte da empresa como dos traballadores, comprometéndose ámbalas dúas partes no total cumprimento delas.

I. Organización do comité de saúde laboral.

Artigo 1º.-Composición do comité de saúde laboral (CSL).

O comité de saúde laboral estará composto por 3 membros propostos polo comité de empresa, que formarán a representación da parte social, 2 membros designados pola dirección da empresa, que formarán a representación empresarial e 2 membros en calidade de asesores técnicos, que serán os responsables de mantemento e o responsable do servicio médico da empresa.

Os 3 membros propostos polo comité de empresa de acordo a Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, serán designados delegados de prevención e, tal como marca esa mesma lei, terán a obriga de acudir a un curso de delegado de prevención. A empresa facilitará os medios necesarios para que o delegado de prevención poida acudir a ese curso.

Artigo 2º.-Horas de reunión de CSL.

As reunións do comité de saúde laboral celebranse dentro da xornada laboral, debendo realizarse unha reunión ó mes.

Artigo 3º.-Dereitos e deberes do CSL.

O CSL terá tódalas atribucións que a normativa legal prevé. Ademais, poderán exercer un labor de vixilancia naqueles postos de traballo que entrañen risco para os traballadores.

Terán a obriga de informar periodicamente ós traballadores das súas actividades, tomando como carácter prioritario, para mellora-las condicions de traballo, evita-la xeneración, emisión e a transmisión dos riscos. En caso de non ser viable, a utilización de medios de protección ata que se poida anula-la causa dos ditos riscos. A utilización dos medios de protección persoal será excepcional, sempre que isto sexa posible.

No caso de risco grave para a saúde, tomaranse urxentemente e conxuntamente coa dirección da empresa, as decisións sobre as medidas que hai que adoptar, acordando o plan de actuación e data de execución, que quedarán recollidas nunha acta.

Artigo 4º.-Principios xerais.

O CSL rexerase polos niveis máximos admisibles de substancias químicas e axentes físicos no ambiente laboral, tomando como referencia os TLV utilizados na normativa que nesta materia ten aprobados o Estado español, na súa adhesión á OIT.

Artigo 5º.-Participación do CSL no Plan de Investimentos.

O CSL terá coñecemento dos investimentos que a empresa vaia efectuar nas instalacións para mellora-los postos de traballo, podendo efectua-la súa valoración e propor outras melloras ou modificacións para a súa pósible inclusión no Plan de Investimentos da empresa, tendo que pasar o CSL no mes de setembro de cada ano as ditas propostas.

II. Concrección da saude laboral na empresa.

Artigo 6º.-Información sobre productos utilizados e viabilidade de instalacións de saneamento.

A empresa informará ó CSL sobre os productos utilizados nas súas fabricacións e dos riscos que poida ocasiona-la súa manipulación.

A dirección da empresa negociará co CSL sobre a viabilidade de instalar equipos de saneamento e prevención que serán propostos polos representantes do CSL.

Artigo 7º.-Entrega de información.

A empresa facilitaralle ó CSL copia dos informes ou estudios que se realicen sobre o ambiente do centro de traballo.

Os resultados das revisions médicas que envía a mutua, serán recibidos polo médico da empresa, que exporá unha lista cos nomes de quen se recibira algún informe médico, e así poder, quen o dexese, acudir ó servicio médico da empresa en busca de información sobre o seu estado físico, de acordo cos ditos resultados clínicos. Estes resultados clínicos serán confidenciais, podendo ademais o interesado solicita-los para entregar ó médico de cabeceira se o considerase necesario.

De existir algunha persoa con resultados clínicos ou problemas especiais fóra do normal, será citada persoalmente para informala da súa situación.

Artigo 8º.-Medidas especiais de vixilancia.

O CSL poderá esixir medidas especiais de vixilancia naqueles postos de traballo onde se demostre que existen riscos para a sáude.

Artigo 9º.-Actualización da lexislación laboral en saúde laboral.

Ata que non se actualice a lexislación na materia, considéranse como valores máximos admisibles de substancias químicas ou axentes físicos no ambiente laboral, o limiar de valores límites na súa versión máis actualizada.

Artigo 10º.-Rexistros périodicos e medicións ambientais.

Naqueles postos de traballo onde existan riscos ambientais levarase un rexistro anual dos datos relativos a este.

Artigo 11º.-Accidentes laborais.

En todo accidente laboral, a empresa redactará un informe que será presentado ó comité de empresa.

Artigo 12º.-Pezas de protección.

A empresa negociará cos representantes do CSL sobre as pezas de protección que o CSL, asesorados polo médico da empresa, considere necesario implantar.

Artigo 13º.-Recoñocemento médico.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito a unha revisión médica anual nun centro especializado designado a tal efecto.

Aqueles traballadores, que polo desenvolvemento do seu traballo estiveran expostos a un maior risco, poderán ter dereito a máis revisións médicas de carácter específico.

A amplitude das diferentes revisions médicas, serán acordadas dentro do CSL, co asesoramento de médico da empresa.

Artigo 14º.-Cambios de posto de traballo.

Sempre que sexa posible, e de acordo co CSL, poderanse transladar do posto de traballo a aquelas persoas con problemas de sáude que podían ser agravados no seu posto habitual de traballo, coa variación das súas percepcións económicas que orixine o novo posto.

De non ser posible o dito cambio, a empresa informará ó CSL dos motivos que impiden efectualo, tomando entre ámbalas dúas partes unha decisión, unha vez estudiados os motivos aducidos.

Artigo 15º.-Protección á maternidade.

As traballadoras embarazadas, cando existan condición ambientais nocivas para a súa saúde ou a do feto, poderán solicitar cambio do posto de traballo.

De non ser posible o dito cambio, a empresa informará o CSL dos motivos que impiden efectualo, tomando entre ámbalas dúas partes unha decisión, unha vez estudiados os motivos aducidos.

Artigo 16º.-Prevención de riscos.

Todo accidente de traballo, enfermidade profesional ou outro tipo de dano para a sáude do traballador, derivado do traballo, fará que se tomen as medidas necesarias para evita-la repetición do dito dano.

II. Control e prevención na empresa.

Artigo 17º.-Medicións por riba dos TLV.

En todo posto de traballo no que as mostraxes de medicións dan niveis superiores ós TLV, tomaranse as medidas necesarias para reparar no menor prazo posible as causas dos ditos niveis elevados. Mentres tanto, adoptaranse medidas de protección persoal encamiñadas a elimina-lo risco para a sáude

das persoas. Será obrigatorio facer rotacións frecuentes entre o persoal, de acordo ó que en reunión extraordinaria o CSL faga para cada caso. Este posto de traballo terá a consideración de penoso.

En caso de risco grave para a saúde, tomaranse urxente e conxuntamente coa dirección da empresa, as decisións sobre as medidas que hai que adoptar, acordando o plan de actuacións e data de execucións. Estas medidas quedarán reflectidas nunha acta extraordinaria.

Artigo 18º.-Tecnoloxía e organización do traballo.

Do que o CSL estará informado dos productos perigosos utilizados na fabricación, poderá solicitarlle á empresa a súa substitución por outros similares maís inocuos, se é posible técnicamente. As novas tecnoloxías terán en conta a posibilidade de utilizar un producto menos perigoso nas mesmas garantías de fabricación.

Artigo 19º.-Mapa de riscos na empresa.

Dentro do CSL confecionarase un mapa de riscos do centro de traballo, dividido por áreas e seccións.

O mapa final, tomarase como base para a realización dun plan de prevención, tomándose como referencia as áreas e seccións establecidas nese mapa de riscos.

O plan de prevención adoptarase ó disposto na Lei de prevención de riscos laborais 31/1995.

Artigo 20º.-Incendios.

No caso de incendios que xeren fumes, en cantidades estimadas perigosas para a sáude, permitirase a saída do recinto daquelas persoas que segundo as normas de organización contra incendios, non estean asinadas en ningunha brigada antiincendio, nin teñan un cometido asinado a estes casos.

No caso de incendio nas cadeas de fabricación, quedará o persoal imprescindible para poder desmoldear e evacua-las espumas en ambas liñas de producción. Para este fin instalaranse medios específicos de protección na súa proximidade dentro dun armario selado e destinado unicamente para tal efecto. Este armario conterá entre outros medios antiincendio e de protección persoal, máscaras panorámicas buconasais.

Para este artigo en concreto, a empresa fará unha proposta de normas contraincendios coa designación das persoas que integrarán as brigadas contra incendios. A empresa desenvolverá tamén a través do CSL as pautas de actuación en cada caso.

Tales normas formarán un anexo a estas normas de seguridade e hixiene.

Artigo 21º.-Prohibición de fumar ou prender lume.

Existe na empresa a prohibición de fumar ou prender lume en tódolos lugares non autorizados, baixo a sanción oportuna, segundo a gravidade do caso, ó infractor deste artigo. A empresa poderá conceder permisos expresos para a realización de traballos tales como soldaduras, etc.

Artigo 22º.-Normas de seguridade e hixiene a persoal de empresas auxiliares.

Tódalas empresas contratadas para realizar traballos no recinto de Copo Ibérica, S.A., deberán subscribir tódalas normas de seguridade e hixiente, así como as referentes a seguridade contra incendios existentes na empresa. A empresa facilitaralle copia de ámbalas normas mediante documento. Así mesmo, para traballos específicos, poderanse estipular outras medidas que se comunicarán ás ditas empresas.

Disposición adicional.

Desde a entrada en vigor da Lei de prevención de riscos laborais 31/1995 a empresa Copo Ibérica, S.A. e o comité de saúde laboral (anteriormente comité de seguridade e hixiene) subscriben esa lei na súa totalidade e as normas aquí recollidas veñen supor un afianzamento no cumprimento da dita lei, xa que superan, para melloralas certas especificacións.

Nas reunións mantidas no seo do comité de saúde laboral estarase sempre ó tanto das últimas leis en materia de saúde laboral e sempre se aplicará a condición máis beneficiosa para a seguridade do traballador.

ANEXO IV

Fondo social

Capítulo I

Normas básicas de funcionamento

Artigo 1º

Por acordo entre o comité de empresa e a empresa Copo Ibérica, S.A. constitúese o fondo social, co fin de atende-las axudas de carácter social que sexan solicitadas polo persoal afectado polo presente convenio.

Artigo 2º

O obxecto do fondo social é o de atender a tódalas obras sociais, profesionais, benéficas e de infortunio a favor de tódolos traballadores da empresa Copo Ibérica, S.A.

Artigo 3º

Os fondos económicos do fondo social estarán integrados segundo a cantidade establecida no convenio colectivo no seu artigo 24º. A empresa porá á disposición do fondo social os fondos correspondentes segundo o acordado en convenio e na súa sinatura.

Artigo 4º

O fondo social será administrado por unha comisión formada por 3 membros do comité de empresa asinantes deste convenio e 3 representantes designados pola empresa.

Artigo 5º

O domicilio social desta comisión será o de Copo Ibérica, S.A.

Artigo 6º

A duración da dita comisión será de 4 anos.

Artigo 7º

Estas normas entrarán en vigor unha vez aprobadas pola comisión do fondo social e o comité de empresa.

Artigo 8º

Estas normas poderán ser modificadas ou substituídas por acordo da comisión do fondo social e de formación co visto bo da dirección da empresa e do comité de empresa.

Capítulo II

Obligacións e dereitos do persoal

Artigo 9º.-Obrigas dos traballadores.

a) Cumpri-las normas e observa-las formalidades nelas previstas.

b) Cumpri-los acordos e as resolucións da comisión do fondo social.

c) Presta-la súa colaboración persoal para o mellor cumprimento do fondo.

d) Non defraudar ou abusar do fondo social e de formación.

e) Non destina-los fondos outorgados a outro fin distinto do solicitado.

Artigo 10º.-Dereitos dos traballadores.

a) Percibir do fondo social os beneficios e auxilios que lle correspondan de conformidade co establecido nas presentes normas.

b) Intervir na administración e modificación das normas do fondo social a través dos seus representantes.

Artigo 11º

A comisión de fondo social poderá impor ós traballadores, nos casos de incumprimento das súas obrigas as sancións seguintes:

a) Privación de recibi-los beneficios do fondo social.

b) As sancións que considere oportunas aplica-la comisión deberán comunicárselle por escrito, con expresión dos motivos que a ocasionan. Dentro dos 10 días seguintes a esta comunicación, o interesado, pode elevar un prego de descargos á dita comisión que unha vez examinado resolverá definitivamente segundo proceda.

Capítulo III

Organización e funcionamento

Artigo 12º

Son órganos de goberno do fondo social:

a) Comité de empresa.

b) Comisión do fondo social.

Artigo 13º

O comité reunirase regulamentariamente unha vez ó ano para decidir sobre as seguintes cuestións:

1. Aproba-lo balance e memoria anuais.

2. Aproba-los orzamentos anuais.

3. En xeral, calquera modificación dos estatutos.

a) A convocatoria será realizada pola comisión do fondo social, o texto da convocatoria e a orde do día será entregada ó secretario do comité de empresa e publicada nos taboleiros de anuncios da empresa.

b) O comité entregará á dirección da empresa unha copia da convocatoria da dita reunión.

c) Terán dereito de asistencia tódos os membros do comité de empresa e da comisión con voz e voto.

Artigo 14º

De entre os membros do fondo social elixirase un presidente e un secretario.

Artigo 15º

A comisión do fondo social reunirase unha vez ó mes como mínimo.

Artigo 16º

Existirá un fondo de reserva de polo menos un 15% do total.

Artigo 17º

Os acordos que tome a comisión do fondo social, para a súa validez, deberán ser aprobados por maioría de votos entre os presentes. No caso de empate decidirá o voto do presidente.

Artigo 18º.-Facultades do presidente.

a) O presidente da comisión do fondo presidirá as reunións que se celebren. Dirixiraas, convocaraas e vixiará a execución dos acordos que nelas se tomen.

b) En caso de ausencia será substituído por un vocal que designan os demais membros.

Artigo 19º.-Facultades do secretario.

a) O secretario da comisión do fondo social, estenderá e levantará actas de tódalas reunións, serán asinadas por el mesmo e levarán o visto e prace do presidente.

b) En caso de ausencia será substituído polo vocal que designe a comisión.

c) Os vocais da comisión do fondo social colaborarán nas funcións asinadas á dita comisión emitindo o seu voto en tódolos asuntos que se presenten e achegando as suxestións que estimen convenientes.

Artigo 20º.-Facultades da comisión do fondo social e de formación.

a) Representa-lo fondo social en tódolos ámbitos e exercer tódalas accións e dereitos que lle competan, así como delegar esta representación para casos concretos na persoa que estime conveniente.

b) Aproba-las normas de aplicación dos servicios e prestacións do fondo social.

c) Aprobar con carácter previo os orzamentos anuais, balance, memoria; en xeral, calquer acordo que deba ser sometido ó comité de empresa.

d) Acordar con carácter excepcional, a realización de gastos que non teñan consignación nos orzamentos anuais, dando conta na primeira reunión do comité de empresa.

e) Acorda-la realización de prestacións extraordinarias.

f) Aproba-la apertura de contas en entidades bancarias e designa-las persoas que poidan utilizalas. Para estes efectos será necesario a sinatura conxunta do presidente, o secretario e un vocal.

g) A organización e administración do fondo social.

h) Resolución de tódalas pretensións de tódolos traballadores en relación cos presentes estatutos.

i) Resolve-las reclamacións que poidan formularse en relación coas prestacións da comisión do fondo.

j) Velar polo cumprimento dos seus estatutos.

CAPITULO IV

Prestacións

Artigo 21º.-Prestacións do fondo social.

1. Préstamos con devolución a pactar segundo o caso.

2. Sen devolución.

a) As solicitudes para as ditas prestacións deberán ir debidamente acompañadas coa documentación na que se basea a petición, e as causas que motivaron a solicitude.

b) As solicitudes serán presentadas á comisión do fondo social para o seu estudio, a cal responderá ó solicitante da súa decisión.

c) Non será posible a concesión dunha nova prestación, no referente ós préstamos, en tanto exista saldo pendente de amortizar dun préstamo anterior.

d) Poderase solicitar axudas para outros fins non relacionados coa prestación de axudas económicas ou similares.

Capítulo V

Anexos, modos de funcionamento aprobados no seo do comité de fondo social e posteriormente polo comité de empresa

Artigo 22º

a) Queda eliminado en toda esta normativa de funcionamento... e de formación, xa que esta comisión entende que existen agora moitos cursos financiados polo Forcem e pola propia empresa, o que fai que a formación en continuo teña outras vías de financiamento.

b) Nesta mesma liña e en concordancia coa política de bolsas existente actualmente non se aboará ningunha cantidade para estudios.

c) Así mesmo, tódolos gastos que sexan aboados pola Seguridade Social quedan excluídos deste fondo.

d) Pódense solicitar axudas para rehabilitacións baixo prescrición facultativa que non estean subvencionadas pola Seguridade Social. É de obrigatorio cumprimento que sexa entregado un informe médico no que indique a súa continuidade.

Artigo 23º

As facturas presentadas a este comité de fondo social teñen unha validez de 3 meses a partir da data da súa emisión, descontando delas os períodos vacacionais. Unha vez entregadas a un membro da comisión do fondo social, e estando nos 3 meses regulamentarios, non teñen caducidade aínda que se exceda este tempo no intervalo comprendido entre a súa entrega e a da data da reunión mensual do fondo social.

Artigo 24º

Para unha mellor e equitativa repartición das subvencións outorgadas por este fondo social terase en conta a cifra en pesetas para calcula-lo tanto por cento aplicable. Dividirase en tramos de 99.999 e a toda a cantidade comprendida nese tramo calcularáselle o % indicado a continuación:

De 1 a 99.999 subvenciónase: 50%.

De 100.000 a 199.999 subvenciónase: 40%.

De 199.999 a 299.999 subvenciónase: 30%.

De 299.999 a 399.999 subvenciónase: 20%.

De 399.999 a 499.999 subvenciónase: 10%.

De 499.999 en adiante subvenciónase: 10%.

A comisión de fondo social, na procura dunha repartición equitativa, excepcionalmente se a cantidade de facturas supera a cantidade de diñeiro no fondo, poderá repartir tal cantidade rebaixando as porcentaxes que se aplicarán en cada caso.

Artigo 25º.-Antigüidade dos traballadores con peticións.

Para fomenta-la repartición das contías do fondo social entre tódolos traballadores con dereito a prestacións deste establécese o seguinte:

A vida natural dunha factura, unha vez subvencionada, é de 4 anos. É dicir, tódalas facturas que se presenten nun período de 4 anos acumularán a súa cantidade par facer o cálculo porcentual reflectido no artigo 24º.

Unha vez transcorridos estes 4 anos de vida dunha factura automaticamente será descontada esta cantidade de cara a calcula-la porcentaxe que se aplicará na vindeira petición por traballador.

Artigo 26º.-Aboamento de axudas.

Os traballadores de Copo Ibérica, S.A. teñen automaticamente, salvo sancións impostas polo propio comité de fondo social, dereito a percibi-las axudas estipuladas polo mesmo de acordo co artigo 10º do presente anexo.

Sen menoscabo dos dereitos que lle correspondan ós traballadores contratados segundo o artigo 14º do convenio colectivo de Copo Ibérica, S.A. terán que ter unha antigüidade mínima de 3 meses para solicitar axudas a este fondo social.

Artigo 27º.-Aboamento a persoal ausente.

O persoal eventual que, cumprindo o requisito no artigo 26º unha vez cumpridos tódolos requisitos para percibir unha axuda, non se atope traballando na empresa, terá dereito a percibi-la contía que se lle atribuíu. Os modos de aviso poderán ser:

a) Por medio dun familiar ou amigo que o avisara para que veña a recollelo.

b) Se non existe a posibilidade de utiliza-lo modo a) para comunicarlle a existencia desta axuda aprobada, o secretario do comité de fondo social solicitará ó departamento de persoal que faga esta xestión en nome do comité de fondo social ou lle sexa facilitado o seu número de teléfono ou o seu enderezo para porse en contacto con el. Os datos que se entreguen para facer esta xestión serán coñecidos exclusivamente polo secretario do fondo social e unha vez cumprido o se propósito serán destruídos, sen que quede ningunha constancia.