Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.183

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se adxudican as bolsas de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias, e bolsas de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria para centros de investigacións dependentes do Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria, convocadas ó abeiro da Orde do 9 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de xullo).

A Orde do 9 de xullo de 2001 (DOG nº 141, do 20 de xullo) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se aproban as bases que rexen as convocatorias, prevé nos capítulos I e II, a concesión de bolsas de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias, e bolsas de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria para centros de investigacións dependentes do Centro Galego de Investigación e Tecnoloxía Agraria.

As solicitudes admitidas para participar nas devanditas convocatorias, foron estudiadas e avaliadas pola correspondente comisión designada para o efecto. De acordo coa proposta elaborada pola dita comisión.

RESOLVO:

Primeiro.-Concedérlle-las bolsas de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias, e de acordo coa puntuación acadada, ós seguintes solicitantes:

-Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Titular (rama química): Yolanda Arnaíz Pita.

Suplentes (rama química):

1. Mª Adelina Calviño Loira.

2. Nuria Pérez Seijas.

3. Patricia Calvo Hermida.

4. Jaime Rey Picos.

5. Ana Rosa Villarino López.

Titular (rama agraria): Liliana Claro Rodríguez.

-Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

Titular (rama agraria): Pablo Fernández Rey.

Segundo.-Concedérlle-las bolsas de especialización de titulados superiores no eido da investigación agraria, e de acordo coa puntuación acadada, ós seguintes solicitantes:

-Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Titular: Roberto Carlos Alonso Ferro.

Suplentes:

1. Rogelio Santiago Cacabelos.

2. Patricia Esteban Domínguez.

3. David Pérez Vences.

4. Jesús Sotelo Bernárdez.

-Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

Titulares: Andrea Ramilo Álvarez. Patricia Esteban Domínguez.

Suplentes:

1. Graciela Ramilo Fernández.

2. David Pérez Vences.

3. Sabela Pazos Soage.

4. Andrés Burgos Delgado.

5. José María Rodríguez Domínguez.

Terceiro.-No caso de producirse a renuncia dos seleccionados en primeiro lugar, poderán cubrirse as vacantes cos suplentes seleccionados como tales.

Cuarto.-O financiamento dos custos das bolsas outorgadas farase con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto.-De acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución de concesión destas bolsas, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia conforme o establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. De non estima-la interposición deste recurso, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia

e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2001.

Alejandro Martínez Geijo Nogueira Soares

Director xeral de Desenvolvemento Rural