Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 28 de novembro de 2001 Páx. 15.181

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 295/2001, do 8 de novembro, polo que se desafecta do dominio público un inmoble, caseta de legoeiros, no p.k. 23,595 da estrada C-543, no termo municipal de Noia (A Coruña).

A Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude do Real decreto 3317/1982 (BOE nº 291, do 4 de decembro), modificado polo Real decreto 2708/1983, sobre transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas (BOE nº 255, do 25 de outubro), integrou no seu patrimonio as casetas de legoeiros.

O artigo 10.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, sinala que cando os bens e dereitos non fosen necesarios para o cumprimento dos fins determinantes da súa afectación, cesará a súa natureza demanial e adquirirán a condición de patrimoniais, sen prexuízo, de se-lo caso, do dereito de reversión nos termos

da lexislación de expropiación forzosa respecto daqueles bens adquiridos por este título. Neste sentido, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que ten adscrito o ben, emitiu informe favorable da súa desafectación, por non resultar necesario ó trasladarse o servicio a outras instalacións. Segundo o anterior, foi tramitado pola Consellería de Economía e Facenda o expediente de desafectación do dominio público do ben de referencia.

Por todo isto, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día oito de novembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desaféctase do dominio público o ben descrito a continuación:

Terreo con casa e patio (caseta de legoeiros), situada no punto quilométrico 23,595 da estrada C-543, lugar de Ousoño, municipio de Noia (A Coruña), dunha superficie aproximada de 300 m, na actualidade 236,9 m, que estrema: norte, con José Liso Dorado, hoxe Ramona Barreiro Alonso; sur, estrada C-543 Santiago de Compostela-Noia; leste, José Liso Dorado, hoxe Ramona Barreiro Alonso; oeste, José Ventura Blanco Vidal, hoxe Manuel Caldas Blanco.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia no tomo 1037, libro 215, folio 29, predio nº 16.200, inscrición 1ª.

Artigo 2º

O inmoble anteriormente descrito adquire natureza patrimonial.

Santiago de Compostela, oito de novembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda