Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.153

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (320/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social, tramitados baixo o nº 320/2001 por instancia de Ramón López Lareo, Alfonso Vázquez Espiñeira e Mario Fernández Barreiro, contra a empresa Maderas Boquete, S.L. e o Fogasa sobre cantidade, dictouse a seguinte sentencia:

«Na Coruña, 30 de outubro de 2001.

Milagritos Evangelina Belso Sempere, maxistrada xuíza substituta do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo nº 320/2001, seguidos por instancia de Ramón López Lareo, Alfonso Vázquez Espiñeira e Mario Fernández Barreiro, maiores de idade, asistidos polo letrado Juan Gerpe Castro, contra a empresa Maderas Boquete, S.L., que non compareceu en autos, e o Fogasa, representado e asistido polo letrado Ramón Novoa García-Cisneros, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polos demandantes Ramón López Lareo, Alfonso Vázquez Espiñeira e Mario Fernández Barreiro contra a empresa Maderas Boquete, S.L., condenando a demandada a lles aboar ós demandantes a cantidade de 670.106 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta, deberá, ó anuncialo, entrega-lo resgardo acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito, na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Maderas Boquete, S.L., que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula na Coruña, 30 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado