Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 27 de novembro de 2001 Páx. 15.132

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo de adhesión da empresa Don Rodrigo Spanish Saddlery, S.A. ó convenio colectivo de marroquinería, coiros repuxados e similares (zona centro).

Vista a acta de adhesión asinada o 7 de agosto de 2001, pola empresa Don Rodrigo Spanish Saddlery, S.A. (código convenio 1503882) e o seu comité de empresa que tivo entrada nesta delegación o 24 de agosto de 2001 complementada a documentación o 19 de setembro, na que se acorda a adhesionó convenio colectivo do sector de marroquinería, coiros repuxados e similares de Madrid, Castilla-La Mancha, La Rioja, Cantabria, Burgos, Soria, Segovia, Ávila, Valladolid e Palencia (zona centro) con código número 9903385, publicado no BOE do 28 de setembro de 2000, que por economía procedemental non

procede publicar coa presente resolución por ser de xeral coñecemento e de conformidade co disposto no artigo 92.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que conste nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de setembro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Vimianzo, 7 de agosto de 2001.

En Vimianzo, sendo as 18 horas do día arriba indicado, comparecen para a sinatura deste acordo os seguintes:

Por parte da dirección da empresa:

Antonia Lema Olveira, DNI 33246159, administradora.

Antonio Galdo Martínez, DNI 32787134, administrador.

Por parte da representación dos traballadores:

Juan Luis Figueiras Caamaño, DNI 32411543, comité de empresa.

Rosa Trillo Barbeira, DNI 76348474, comité de empresa.

Esperanza Trillo Barbeira, DNI 76331784, comité de empresa.

María Santos Caamaño, DNI 76359779, comité de empresa.

Isabel López Rey, DNI 32838601, asesora UGT.

As partes manifestan a súa vontade de se incorporaren ó contido do convenio colectivo de marroquinería, coiros repuxados e similares de Madrid, Castilla-La Mancha, La Rioja, Cantabria, Burgos, Soria, Segovia, Ávila, Valladolid e Palencia (zona centro), publicado no BOE 28-9-2000 e coas súas respectivas actualizacións. Non obstante, dadas as peculiaridades da empresa así como as súas especiais circunstancias económicas son conscientes de que esa incorporación non se pode realizar de forma automática.

Neste sentido, con fin de harmoniza-las posturas existentes entre as partes acádase o acordo seguinte:

Primeiro.-Ámbito funcional e persoal e territorial.

Este convenio regula as condicións de traballo entre Don Rodrigo Spanish Saddlery, S.A. e os tra

balladores incluídos no seu ámbito persoal e territorial, aplicándose con preferencia ó disposto nas demais normas laborais vixentes.

Segundo.-Ámbito temporal e denuncia.

1. A vixencia deste acordo estenderase desde o 1-1-2001 ata o 31-12-2002, con efectos retroactivos do 1-1-2001, entrará en vigor na data da súa sinatura.

2. Se ningunha das partes denunciase o acordo dentro dos tres meses anteriores ó vencemento del, entenderase prorrogado tacitamente de ano en ano.

Terceiro.-Comisión paritaria.

Ámbalas partes acordan establecer unha comisión mixta como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do cumprimento deste convenio. A comisión mixta estará integrada paritariamente por dous representantes dos traballadores e por dous representantes da empresa.

As súas funcións son:

-Interpretación deste convenio.

-Vixilancia do seu cumprimento.

-Establecemento de procedementos voluntarios de solución de conflictos colectivos.

-Tratar de dirimi-las posibles diferencias que sobre o convenio colectivo poidan suscitarse logo de sometemento á orde xurisdiccional social.

-Analiza-las posibles incidencias e acordar, se é o caso, as adaptacións que se poidan derivar das modificacións do convenio da zona centro ou demais lexislación aplicable á relación laboral mantida entre traballadores e empresa.

Cuarto.-Categorías profesionais e salarios base.

Co fin de asimila-las relacións laborais ó convenio da zona centro establécense xa a mesma denominación respecto del; sen embargo, en materia económica aínda rexen as especialidades que constan a seguir:

Nivel 1: oficial 1ª, salario base 87.000 pesetas/mes.

Nivel 2: oficial 2ª, salario base 82.000 pesetas/mes.

Nivel 2: montadores 2ª, salario base 82.000 pesetas/mes.

Nivel 3: oficial 3ª, salario base 78.000 pesetas/mes.

Nivel 4: especialistas, salario base 76.500 pesetas/mes.

Quinto.-Retribucións.

As retribucións do persoal de Don Rodrigo Spanish Saddlery, S.A. (táboa anexa) e seguintes:

Salario base: de acordo coas contías que constan no punto cuarto para cada categoría profesional.

Complemento ad personam: este complemento está recoñecido para os traballadores e nas contías que

se relacionan na táboa adxunta. Será revalorizado tódolos anos de conformidade coas subas que se pacten e terán o mesmo tratamento có salario base, isto é, terase en conta para efectos de cálculo da antigüidade, pagas extraordinarias e calquera outro concepto que tome de cálculo o salario base.

Antigüidade: aboarase a razón do 1% por cada anos completo traballado, cun tope de 27 anos (límite equivalente ós 9 trienios que se establecen no convenio de zona centro). Esta porcentaxe calcularase sobre o salario base agás para os traballadores que se relacionan no anexo, ós que se lles incluirá ademais, no dito cálculo, o complemento ad personam.

Pagas extraordinarias. Os traballadores de Don Rodrigo Sapanish Saddlery, S.A. teñen dereito a 3 pagas extraordinarias:

-Paga de xuño: a razón de 30 días de salario base máis antigüidade.

-Paga de decembro: a razón de 30 días de salario base máis antigüidade.

-Paga en beneficios: a razón do 9% do salario base e antigüidade, en 14 pagas.

Malia o anterior, as gratificacións extraordinarias do persoal que figura na táboa anexa, incluirán tamén o complemento ad personam.

Sexto.-Traballos por axuste.

Os traballadores Gumersindo Trillo Ogando, Manuel Fernández Díaz, Juan Luis Figueiras Caamaño e José Antonio Souto Baña terán a categoría de montadores de 2ª cos salarios que constan no anexo, se ben realizarán a súa actividade laboral baixo a modalidade de por axuste. O prezo das pezas realizadas que integrará a súa retribución fixarase mediante acordo entre a empresa e os afectados.

Sétimo.-Paga de outubro.

Consistirá nunha paga lineal de 9.000 pesetas que se fará efectiva xunto coa mensualidade de outubro. Esta paga comeza a facerse efectiva no mes de outubro de 2002.

Oitavo.-Complemento de IT.

Os traballadores que estean en situación de IT percibirán, por conta da empresa, un complemento de ata o 100% da súa retribución.

Noveno.-Indemnizacións por incapacidade ou morte derivadas de accidente.

Nos casos de incapacidade total ou absoluta ou morte derivada de accidente os traballadores ou os seus beneficiarios percibirán unha indemnización de 2.000.000 de pesetas.

Décimo.-Cláusula de revisión salarial.

As táboas que figuran no anexo e que son as vixentes para o ano 2001 incrimentaranse a partir de 2001 na contía que se fixe para o convenio da zona centro, garantindo en todo caso o incremento do IPC real. Para facer efectivo este, aboarase o IPC no momento en que se publique, con efectos do 1 de xaneiro, se posteriormente se rexistrase un IPC supe

rior, aboaranse as diferencias con efectos tamén do 1 de xaneiro. Procederase da mesma forma nos seguintes anos. Así mesmo, e á marxe do exposto no punto anterior, a empresa destinará o 5% dos beneficios netos do ano anterior, despois de impostos, ó incremento das retribucións, distribuíndo a dita cantidade de forma lineal entre tódolos traballadores do cadro de persoal sobre o salario base.

Décimo primeiro.-Cláusula transitoria.

A denominada paga de outubro, recollida neste acordo, así como o incremento do 5% sobre os beneficios netos anuais da empresa manteranse unicamente entrementres non se produza a equiparación salarial plena ó convenio da zona centro, momento en que desaparecerán.

Décimo segundo.-Normas de aplicación supletoria.

O non regulado neste convenio rexerase polo disposto no convenio colectivo de marroquinería, coiros repuxados e similares de Madrid, Castilla-La Mancha, La Rioja, Cantabria, Burgos, Soria, Segovia, Ávila, Valladolid e Palencia (zona centro). Daquela, non serán de aplicación os preceptos do citado convenio que contraveñan ou non se adecuen ó disposto neste acordo. Especialmente non serán de aplicación aqueles artigos da zona centro de contido económico que sexan substituídos integramente polas cláusulas deste.

Décimo terceiro.-Conversión de moeda.

Este convenio experimentará a partir de 2000 a correspondente conversión a euros de acordo coa lexislación vixente.