Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da aprobación inicial da modificción puntual número 5 das normas subsidiarias de planeamento municipal, relativa ó SAU-9 (expediente 1993079).

O Pleno do Concello, en sesión do 28 de setembro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de modificación puntual nº 5 das normas subsidiarias de planeamento municipal, relativa ó SAU-9.

Polo presente anuncio sométese a información pública o expediente polo prazo dun mes, período durante o que poderá ser examinado e formularse alegacións. Ó propio tempo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias na área afectada.

Nigrán, 29 de outubro de 2001.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde