Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 10 de outubro de 2001, aprobouse a forma de adxudicación, mediante concurso, para contrata-los servicios de desenvolvemento dunha campaña de comunicación para a difusión e sensibilización cidadá da recolla selectiva de envases no Concello de Lugo. Por este anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: os traballos que se van realizar para o desenvolvemento da campaña de comunicación para a difusión e sensibilización cidadá da recollida selectiva de envases no concello de Lugo, co fin de motiva-la acción efectiva e conseguir que os cidadáns segregen as distintas fraccións de residuos, leven e entreguen tales fraccións nos contenedores correspondentes situados na vía pública e adquiran conciencia do beneficio ambiental que se pode alcanzar coa selección en orixe de cara á posterior reciclaxe dos materiais. O alcance dos traballos especifícanse na cláusula segunda do prego de condicións.

b) Prazo de execución: o prazo máximo de realización dos traballos fíxase en dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación.

O prezo de contrato é de 11.362.212 pesetas (68.288,27 euros).

5. Garantías.

Provisional: 227.244 pesetas (1.365,76 euros).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de rexistro, ou ben nos lugares legalemente establecido.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 25 de outubro de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área