Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.115

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES-5/2000).

O Pleno do concello, en sesión realizada o día 12 de novembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o Plan especial de Reforma Interior sobre o rueiro sito no lugar de Palavea, presentado por Urbanizadora Herculina, S.L.

Segundo.-Proceder á exposición pública deste acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, inserindo o texto íntegro da ordenanza do Plan especial no BOP.

Terceiro.-Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día

seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, no de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Cuarto.-Comunicarllo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 16 de novembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo