Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 5 de outubro de 2001, aprobou definitivamente o proxecto de modificación do Plan parcial do parque empresarial do Pereiro de Aguiar, promovido por Xestur Ourense e redactado polo enxeñeiro Saúl Rodríguez Gómez e polo arquitecto técnico Julio Adán García, o que se fai público dando cumprimento ó disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse perante o Pleno Municipal recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses, todo iso de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de RXAP e PAC, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da XCA.

Non se poderá interpor este último de se ter utilizado o primeiro e ata que fose resolto o antedito recurso de reposición na forma expresa ou presunta e sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

O Pereiro de Aguiar, 11 de outubro de 2001.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde