Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso restrinxido e tramitación urxente, de asistencias técnicas para a elaboración de proxectos de diagnóstico e propostas de plans de mellora para as empresas galegas.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso restrinxido e tramitación de urxencia para a contratación de asistencias técnicas para elaboración de proxectos de diagnóstico e propostas de plans de mellora para as empresas galegas.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape); San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tf: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CR nº 1/2001.

2. Obxecto do contrato:

Asistencias técnicas para elaboración de proxectos de diagnóstico e propostas de plans de mellora para as empresas galegas. Desenvolveranse proxectos de diagnóstico nun número aproximado de 156 Pemes galegas.

As empresas seleccionadas serán invitadas en diferentes ocasións a presentar proposicións para a contratación dos distintos traballos de diagnóstico empresarial que o Igape vaia aprobando ás empresas e entidades galegas. O Igape poderá cursar invitacións durante un prazo dun ano, contado desde a notificación da resolución de selección dos seis contratistas como máximo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento máximo de licitación: 156 millóns de pesetas, IVE incluído, equivalentes a 937.578,88 euros. O prezo/media por proxecto individual para Pemes órzase nun máximo de 1.000.000 de pesetas, IVE incluído, equivalentes a 6.010,12 euros.

Deste orzamento, 96 millóns de pesetas financiaranse con cargo á partida 01.02 11/01/02 623400 dos orzamentos do Igape para o ano 2002, os restantes 60 millóns de pesetas financiaranse con cargo á partida 01.02 11/01/02 623400 dos orzamentos do Igape para o ano 2003, logo de existencia de crédito adecuado e suficiente nos correspondentes exercicios.

De acordo co artigo 69.4º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a adxudicación quedará sometida á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financia-las obrigas derivadas do contrato no exercicio correspondente.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Enderezo: San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de solicitudes de participación.

6. Presentación das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do día 12 de decembro de 2001.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da solicitude mediante télex ou telegrama, que deberá ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de solicitudes, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Criterios de selección de licitantes: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Apertura das solicitudes de participación: na sede do Igape ás 11 horas do 18 de decembro de 2001.

f) Número de empresas que se van seleccionar: máximo de seis.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 10 días naturais desde a recepción da correspondente invitación.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares e na correspondente invitación.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 45 días desde a apertura das ofertas.

8. Garantía: provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos proxectos obxecto de contratación.

9. Clasificación: non se esixe.

10. Variantes: admítense sobre metodoloxía, prazos de execución, métodos propostos para implicación do persoal das empresas obxecto de estudio, melloras ofertadas e prezos.

11. Vixencia e prazos de execución: os prazos de vixencia dos contratos estenderanse ata a finalización do prazo de execución establecido na oferta técnica do contratista dentro dos límites fixados nas

invitacións, sen que a vixencia poida exceder do 15 de novembro do ano 2003. Este pode ser prorrogado dentro dos límites legais por acordo expreso das partes.

12. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica