Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.112

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente SR-OR-PA-CP 3/2001.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área da Coruña), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio de 1998) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e para cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria, rúa Xeneral Sir John Moore, nº 2, 15001 A Coruña.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de xestión de actualización dos pasivos de historias clínicas, cambios de arquivo, mobiliario, aparatos e utensilios.

c) Lote: único.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 147, do 31 de xullo de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 19.500.000 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 4 de outubro de 2001.

b) Contratista: Severiano Gestión, S.L.

Total adxudicado: 19.500.000 pesetas, equivalentes a 117.197,36 euros.

A Coruña, 4 de outubro de 2001.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria Coruña-Ferrol