Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.109

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 24 de setembro de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación coma veciñal en man común do monte denominado Montes Baixos de Robledo III, a favor dos veciños de Robledo de Domiz, no concello de Carballeda de Valdeorras (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou en

sesión de data inicia-lo expediente de clasificación coma veciñal en man común do monte que con data do 22 de marzo de 2000 se iniciou coa denominación Montes Baixos de Robledo III, a favor dos veciños do lugar de Robledo de Domiz, sito no concello de Carballeda de Valdeorras, coas características que a seguir se relacionan, nomeándose instructores do expediente a Manuel Bouzas Costa e Miriam Areal López.

Publícase de acordo co establecido no artigo 23.2º do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Concello de: Carballeda de Valdeorras (Ourense).

Monte denominado: Montes Baixos de Robledo III.

Comunidade propietaria: veciños de Robledo de Domiz.

Superficie total: 20 ha 66 a 20 ca, en conxunto, aproximadamente.

Descrición das características das sete leiras que integran o citado monte:

-Leira nº 1:

Superficie: 91 a 75 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte, leste, oeste: María Basteiro Rodríguez (leira nº 5).

Sur, oeste, leste: descoñecido (leira nº 1).

Sur, oeste: leira nº 7 incluída no trámite de Montes de Robledo II.

Oeste: concello (leira nº 8).

Norte, sur, leste: descoñecido (leira nº 3).

Norte, leste: pista principal.

Norte, oeste: Eladio García Ojea (leira nº 6).

No interior constan: Eladio García Ojea (leira nº 2) e descoñecido (leira nº 4).

-Leira nº 2:

Superficie: 62 a 61 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-leste: descoñecido (leira nº 6), Casiano Núñez (leira nº 5).

Sur-leste-oeste: Belarmino Rodríguez Rodríguez (leira nº 1), Dosinda Lameiro Fidalgo (leira nº 2).

Oeste: concello (leira nº 7).

Norte-sur-leste oeste: José Cotado Fidalgo (leira nº 3).

Norte-sur-leste-sur: pista principal.

No interior consta: descoñecido (leira nº 4).

-Leira nº 3:

Superficie: 27 a 87 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: concello (leira nº 7).

Sur-oeste: José Fidalgo Fernández (leira nº 5), Dionisia Vázquez Prieto (leira nº 4).

Sur-leste: Juan Rodríguez Ojea (leira nº 1).

Norte-leste: Manuel Couso Fidalgo (leira nº 2).

Norte-leste-oeste: José Fernández García (leira nº 3).

Sur-leste-oeste: descoñecido (leira nº 6).

-Leira nº 4:

Superficie: 1 ha 57 a 26 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Avelino Anta Couso (leira nº 1).

Norte-leste-oeste: Secundino Rodríguez Ojea (leira nº 2), descoñecido (leira nº 11).

Norte-oeste: Felisindo Ramos Ramos (leira nº 3), José Fidalgo Fernández (leira nº 10).

Leste: Adolfo López Alonso (leira nº 4).

Sur-leste: José Fernández García (leira nº 5), concello (leira nº 16), Gervasio Rodríguez Alonso (leira nº 14).

Sur: concello (leira nº 6).

Norte-sur-oeste: Agustín Anta Méndez (leira nº 15).

Norte-leste: Juan Rodríguez Ojea (leira nº 12).

Norte-sur-leste-oeste: Fernando Barba Prieto (leira nº 8), Amalia Lameiro Fidalgo (leira nº 9).

Sur-leste-oeste: Dionisia Vázquez Prieto (leira nº 7), leira nº 13 incluída no trámite de Montes de Robledo II.

Sur-oeste: camiño novo a Currelos.

-Leira nº 5, formada polas 5a, 5b e 5c.

Superficie total incluída a entulleira 17 ha 26 a 71 ca, en conxunto, aproximadamente.

-Leira nº 5a:

Superficie: 16 ha 65 a 32 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Arturo Vidal Anta (leira nº 16).

Norte-leste: Belarmino Rodríguez Rodríguez (leira nº 3), Ángel López Rodríguez (leira nº 15), José López Alonso (leira nº 19), Salustiano Alonso Fernández (leira nº 25), concello (leira nº 46), e camiño de acceso á entulleira.

Leste: Gervasio Rodríguez (leira nº 10), descoñecido (leira nº 11), Belarmino Rodríguez Rodríguez (leira nº 23), concello (leira nº 45, 47).

Norte, sur-leste: Salustiano Prieto (leira nº 1), descoñecido (leira nº 4, 6, 22), José Fernández García (leira nº 5), José Rodríguez Rodríguez (leira nº 7), Alicia Fernández Rodríguez (leira nº 8, 20), Juan Couso Rodríguez (leira nº 9), Gervasio García López (leira nº 12), Robustiano Alonso Fernández (leira nº 24), Nicanor Rodríguez Gómez (leira nº 26).

Sur: José Fernández García (leira nº 39), Manuel Couso Fidalgo (leira nº 40), e leira nº 44 incluída no trámite de Montes de Robledo II.

Sur-leste: Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 2).

Sur-oeste-leste: Secundino Rodríguez Ojea (leira nº 35).

Sur-oeste: Manuel Barreda Rodríguez (leira nº 29), Manuel Couso Rodríguez (leira nº 30), Domingo García (leira nº 31), Juan Rodríguez Ojea (leira nº 43).

Norte-sur-leste-oeste: Socorro García López (leira nº 134), Manuel Couso Rodríguez (leira nº 14), Carmen Basteiro Rodríguez (leira nº 27), Felisindo Ramos Ramos (leira nº 36), Adolfo López Alonso (leira nº 37).

Norte-oeste: camiño novo a Currelos.

Sur-leste-oeste: Juan José Lameiro Fidalgo (leira nº 21).

Norte-sur-oeste: María Basteiro Rodríguez (leira nº 28), Venancio Couso Fidalgo (leira nº 41).

Oeste: Agustín Anta Couso (leira nº 32), Avelino Anta Couso (leira nº 33), concello (leira nº 38).

No interior constan: Regina Fidalgo (leira nº 42) e Juan Couso Rodríguez (leira nº 34), e entulleira.

-Leira nº 5b: superficie 20 a 80 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte: José López Alonso (leira nº 19).

Norte-sur-leste-oeste: descoñecido (leira nº 18).

Sur-leste: Ángel López Rodríguez (leira nº 15).

Sur-oeste: camiño de acceso á entulleira.

-Leira nº 5c: superficie 40 a 59 ca, aproximadamente.

Estremas:

Norte-oeste: concello (leira nº 45, incluída no trámite de Montes de Robledo II), e camiño a Domiz.

Sur: pista principal.

Sur-leste-oeste: camino novo de Currelos.

Norte-leste: camiño a Domiz.

Infórmase a apertura do período dun mes para a práctica de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación do edicto no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 24 de setembro de 2001.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Vº e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense