Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., ref. C.T.C., R.B.T. Monte do Seixo.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV de 37 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte da L.M.T.S. subestación Santiago de Compostela II-Cr. Ponte Seca, con entrada e saída en C.T. prefabricado de 400 kVA en r/ Monte do Seixo. Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 16 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña