Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. rúa A Paz.
Situación: Narón.
Descricións técnicas: L.M.T.S., a 15/20 kV, de 130 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte da L.M.T.S. a C.T. estrada de Castela, 154 e final no C.T. rúa A Paz, con entrada e saída C.T. tipo manobra exterior de 400 kVA. Narón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 16 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña