Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T.C., R.B.T. Pedrafurada.
Situación: Carballo.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 /-(1x240) mm Al de 145 m de lonxitude, coa orixe na liña circuíto exterior de Carballo e final no C.T. Pedrafurada, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo caseta prefabricada formigón, de 160 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Pedrafurada da que parte rede subterránea, baixo tubo, con conductor R.V. de 20 m seguida de tramo aéreo, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 990 m de lonxitude. Concello de Carballo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 16 de outubro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña