Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/363-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: recuamento L.M.T. e R.B.T. na estrada PO-254.

Situación: concellos de Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas.

Descricións técnicas: recuamento liñas de media e baixa tensión, afectadas polo acondicionamento da estrada PO-254, ó seu paso polos concellos de Mondariz, Mondariz Balneario e Ponteareas. Os conductores de media tensión serán de LA-56 e LA-80 e 1.850 m de lonxitude aproximadamente e os conductores de B.T. serán de R.Z. e de 5.170 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 8 de outubro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra