Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.097

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2001, da Xefatura Provincial de Estradas de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación polo trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de acondicionamento da estrada LU-170, treito: MománParga, clave: N/LU/91.5, termos municipais de Xermade e Guitiriz.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 3 de abril de 2001 procédese á aprobación do proxecto das obras de acondicionamento da estrada LU-170, treito: Momán-Parga, clave: N/LU/91.5, termos municipais de Xermade e Gui

tiriz, polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 26 de abril de 2001 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 100/2001, publicado no DOG nº 94, do 16 de maio de 2001.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do Regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confiere o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran nas relacións expostas nos concellos de Guitiriz e Xermade, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello de Guitiriz.

DataHoraNúmero predio

8 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 001 ó 070
9 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 071 ó 141
10 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 142 ó 212
11 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 213 ó 283
14 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 284 ó 354
15 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 355 ó 425
16 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 426 ó 496
17 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 497 ó 567
18 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 568 ó 638
21 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 639 ó 709
22 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 710 ó 780
23 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 781 ó final

Casa do Concello de Xermade.

DataHoraNúmero predio

24 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 001 ó 040
25 de xaneiro de 2002Das 10 ás 14Do 041 ó final

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Guitiriz e Xermade, e na Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Lugo; Ronda da Muralla, 70-5º andar.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achega-los documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución; poden acompañarse pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de

Galicia de Lugo, as alegacións que coiden pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Lugo, 6 de novembro de 2001.

Carlos Escudero Vigil

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Lugo