Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 10 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/127-3).

En aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do sector eléctrico, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se indica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: A Batundeira, 2 Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Ovenza-Outeiro.

Situación: Piñor.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 522 m, de lonxitude, derivada desde a L.M.T. ó C.T. de Cudeiro e remata no C.T. proxectado aéreo en Outeiro, con 50 kVA, r/t 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión en Ovenza e Outeiro.

A declaración de utilidade pública, conforme a art. 54 da citada lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do art. 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se considera de necesaria ocupación figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual, poderán presentar nesa delegación provincial as alegacións, por duplicado, relativas á corrección de erros, limitacións á constitución de servidume de paso de liñas eléctricas (art. 161 do Decreto 1995/2000) e aquelas outras que se estimen oportunas.

Ourense, 10 de outubro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2001/127 Provincia: Ourense

L.M.T, C.T., R.B.T. de Ovenza-OuteiroTermo municipal: Piñor

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Monte darribaMonte baixoMaría Rodríguez RodríguezOvenza s/n

32137 Piñor

1174740

3Monte darribaMonte baixoJosé Luis Sampedro VázquezAvda. Estación, 4

32500 O Carballiño

1138380

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

6NaveirasMonte baixoJosé Luis Sampedro VázquezAvda. Estación, 4

32500 O Carballiño

30420

7NaveirasPradoJosé Luis Sampedro VázquezAvda. Estación, 4

32500 O Carballiño

2280800

9NaveirasLabradíoMaría Rodríguez RodríguezOvenza, s/n

32137 Piñor

65628

18PumarEiralGenerosa e Celia Rdguez. Vázquezr/ Farigola, 57, 2º-2ª

08023 Barcelona

43522