Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.096

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (321/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 321/2001, por instancia de Emilio Manuel Piñeiro Maceiras, contra INSS e outras, sobre invalidez, nos que recaeu sentencia con data 31-10-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, desestimando a demanda formulada por Emilio Manuel Piñeiro Maceiras, absolvo dela as demandadas Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Tesourería Xeral da Seguridade Social e Construccións Ameneiros e Díaz, S.L., confirmando en tódolos extremos a resolución recorrida.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Construccións Ameneiros e Díaz, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 31 de outubro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado