Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.096

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

EDICTO (139/2001).

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución:

Sentencia:

En Ribeira o 4 de outubro de 2001, siendo Ana Belén Sánchez González, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, e tendo visto os precedentes autos de divorcio número 139/2001, seguidos neste xulgado por instancia do procurador Ramos Picallo en nome e representación de Juan Francisco Dios Martínez coa asistencia letrada de Fernanda Álvarez Pérez, contra Raquel Esther Moraña Lorenzo, en situación de rebeldía procesual.

Decido que estimando a demanda presentada pola procuradora Ramos Picallo, en nome e representación de Juan Francisco Dios Martínez contra Raquel Esther Moraña Lorenzo, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado polos litigantes, mantendo como medidas de tal situación, ademais das que se producen por ministerio da lei, as que se adoptaron en sentencia de separación. Todo iso sen expresa imposición de custas.

Notifíqueselle ó Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio dos litigantes.

Contra a presente sentencia cabe interpor recurso de apelación conforme o disposto no artigo 456 e seguintes da LAC.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, de conformidade coa autoridade que me confire a Constitución de 1978 e a Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Raquel Esther Moraña Lorenzo, expídese o presente edicto en Ribeira o 9 de outubro de 2001.

O secretario

Rubricado