Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 26 de novembro de 2001 Páx. 15.096

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (914/2000).

Carmen Calvo Alonso, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos de xuízo de cognición que se tramitan neste xulgado baixo o número 914/2000 T, se dictou sentencia que ten como encabezamento e decisión o seguinte.

Sentencia.

A Coruña, trinta e un de xullo de dous mil un.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, tendo vistos os presentes autos de xuízo de cognición, promovidos por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, e na súa representación o procurador dos tribunais María del Carmen Camba Méndez, e na súa defensa o letrado José Pablo Casas Estévez, contra Carlos Uria Bartolomé, do cal o último domicilio que consta en autos está sito na rúa Anselmo Cifuentes número 10 de Xixón, sobre reclamación de cantidade e,

Decido que estimando integramente a demanda interposta por Caixa Galicia, condeno a Carlos Uría Bartolomé a pagar á demandante o importe de 135.729 pesetas máis os xuros de demora pactados desde o 11 de setembro de 2000 ata o completo pagamento. As custas impóñense ó demandado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LEC cabe recurso de apelación para preparar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal ó que me remito en caso necesario e para que así conste, para os efectos de que sirva de notificación ó demandado rebelde, en ignorado paradoiro Carlos Uria Bartolomé; expido e asino este edicto o 31 de xullo de 2001. Dou fe.

A secretaria

Rubricado