Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 23 de novembro de 2001 Páx. 15.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LAZA

EDICTO relativo á convocatoria de concurso para a redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

1. Entidade adxudicadora. a) Organismo: Concello de Laza. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Número de expediente: 2001/161.

2. Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: redacción dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). b) Lugar de execución: Concello de Laza. c) Prazo de execución: dous anos, con posibilidade de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 11.315.286 pesetas (68.006,24 euros), IVE incluído.

5. Garantías. Provisional: 226.306 pesetas (1.360,13 euros). Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Laza. b) Domicilio: r/ Castiñeiro, nº 4. c) Localidade e código postal: Laza 32620. d) Teléfono: 988 42 20 02. e) Telefax: 988 42 20 02. f) Data límite da obtención de documentos e información: o oitavo día natural, contado desde o seguinte ó da última publicación do presente edicto no DOG e no BOP (se coincidise con domingo ou con festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixe clasificación.

8. Presentación das proposicións. a) Data límite de presentación: o oitavo día natural contado desde o seguinte ó da última publicación do presente edicto no DOG e no BOP (se coincidise con domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo). b) Documentación que integrará as ofertas: o modelo de proposición e a documentación que presentarán os licitadores serán os que se prevén nos pregos de condicións. c) Lugar de presentación: mesmos datos punto 6. d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas. a) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior. b) Hora: 17 horas.

10. Outras informacións. Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados polas bases de contratación.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Laza, 15 de novembro de 2001.

José Ángel García Moráis

Alcalde